Centésimo e décimo sétimo mes
Etiquetas: xela X, xelartista I
Etiquetas: xela X, xelartista I
E hoxe fixo outro día boísimo de sol. Á mañá fun mercar o pan e as terrazas non estaban mui cheas. Supoño que era cedo ( eran as once ) e aparte co día que estivo a xente foi por aí. Nós fomos a Vlrñ a voar o papaventos de Xela. Era a primeira vez e voou de marabilla e ben logo Xela lle topou o xeito. Tamén levamos a cadela e notábase que era a primeira vez que estaba nunha praia e que miraba o mar. Cheirou, cheirou e non xogou nin coa area nin con paus pero gustoulle.
A xente na praia era pouca e en grupiños e seguindo as normas daquela maneira. Os bares estaban abertos ( tiña eu a dúbida se ía ir algún ao tacho ) e marchamos ás seis e inda estaba a xente nas mesas coa súa bebida.
Antes as normas de circulación eran as máis infrinxidas pero agora as normas ditadas pola Xunta son máis infrinxidas aínda.
Ah, e deixo a ligazón a un vídeo marabilloso dunha muller formidable que se chama Nieves e vive en Viana do Bolo. É pastora, poeta, escultora de madeira e fotógrafa e os fillos construíronlle un museu que en canto abra vou visitalo de cabeza.
Para min que é a Apalpadora porque lle facía xoguetes de madeira aos fillos.
https://www.youtube.com/watch?v=hvFKe0ThsM8
Etiquetas: covidia 21, personaxes IV, xela X
Xela fai hoxe cento dezaséis meses de vida. Durante os días do cole non lle deixamos estar con Tablet nin con Nintendo e ponse a lidar por aí con varias cousas. Tanto colle a guitarra coma o piano, despois xoga cos Legos de Harry Potter que pelexan contra un xigante e ela fai a historia pero sen abrir a boca. Ten vergonza, disque. Tamén le anque iso é ben raro e fixen esta foto de pura potra. Debuxa en papeis ou argalla con xoguetes. Tamén anda atrás de Leo coa pelota ou xogan a perseguirse. Non sei, ela sempre ten algo que facer importantísimo.
E o outro día fixo un ratiño xeitoso coa plastilina.
Etiquetas: xela X
Pois si. Domingo á noitiña facía un día perfecto para quedar na casiña: chovía de todas as formas posibles e a néboa non deixaba mirar a vinte metros. Pasei pola rotonda de Puxeiros coa súa estatua de bois que axudaban a subir os carros esta costa antes de baixar a Vigo. Tamén pasei pola rotonda dos emigrantes, á beira do aeroporto; novo punto de emigración. E a rotonda da avioneta e do canastro tamén a pasei. Aparquei e entrei na nave do Ifevi. Alá tiñamos que andar tropecentos metros pola nave inmensa seguindo as indicacións dos seguratas ata as mesas onde tiñan as identificacións das mostras por minuto da cita. Detrás estaban os enfermeiros que nos collían a mostra do nariz adentro. Foi bastante rápido anque o resultado si que tardou que o recibín onte ás cinco menos cuarto: corenta e cinco horas máis tarde. E o resultado foi negativo como o da xente que coñezo que estabamos citados un de cada tres dos censados en Vilaguindastre.
Polo resto sen muita novidade. Ben, agora Xela mercou unha ocarina e está aprendendo a tocala. Algo bo tiña que ter Zelda !
E mañá empezo as vacacións anque non teña muito a onde ir.
A foto tireina da interrede. Sorry.
Etiquetas: covidia 21, etnografía X, xela X
Onte Xela saiu toda contenta do cole porque lle deron o Nobel da Paz na súa clase. Por fin ! Déronlle un diploma como lle deran a Leo no 2017 e un libro titulado " Color verde ladrón " que empecei a ler onte e rematei no mesmo día. O libro está escrito por unha muller de Jaén e, nun momento dado, fala de que hai patatillas nunha mesa de festa de aniversario. Prendéuseme a bombilla filolóxica e busquei polo Google adiante a palabra " patatilla " que eu supuña empregada nesta zona arredor de Vigo. A onde cheguei é a que tamén a din en Mallorca e que en Jaén ( de onde é a escritora ) existe un local chamado Patatillas.
Dende logo eu prefiro chamarlle patatillas ás patacas de bulsa e non chips, crisps ou patacas fritas que son outras ben distintas.
E é o que queda estes días medio enclaustrados pola covidia e os temporais: ler e comer patatillas... pero en paz, eh ?
Etiquetas: lingua XIV, xela X
Hoxe non teño fotos actuais de Xela e poño dúas de principios de mes. Nunha está con Elsa nun sofá da casa da Refontán e noutra nun carreiro debaixo dunha viña en Arbo e coa máscara posta .
A aquela altura podiamos ir a Arbo pero agora non podemos saír do concello.
Pouco cambiou Xela desde eses días. Iso si, acabou por caírlle o dente que levaba abaneando tanto tempo. O décimo segundo as contas dela.
Ela segue sen comer muito anque hoxe bimbou oito chinchos dunha atacada. Segue co piano e a guitarra pero o xadrez aparcouno que deixou de ser presencial e por Zoom non lle presta. Nos estudos segue ben e os compañeiros confinados van ben e dando negativo un tras outro a medida que lles fan as probas PCR. Adica as fins de semana a xogar a Zelda e a mirar vídeos de Mario. Pola semana xogamos a Conecta 4 shots ou debuxa ou argalla enredos. Agora usa muito dúas frases: " Tengo una pregunta " e " No me juzgues ".
E seguímola virando !
Etiquetas: xela X
E xa remataron as festas. Xela "rezou" para conseguir o seu agasallo, rezou cruzando os dedos e aledouse cando espertou e mirou que estaba alí o xogo da Nintendo Switch. Gustoulle que comeran as galletas os Reis e que beberan a auga os camelos. Tamén preguntaba por que as personaxes de Nadal teñen animais de axudantes. Eu non sabía que responder e supoño que o ano que vén xa non preguntará.
E os nenos empezaron coas clases e eu sigo a traballar que a empresa medra en todo o mundo anque morreu un traballador do Contraviros alá en Ucraína.
Na foto sain as últimas torradas de viño destas festas.
Etiquetas: covid-19 V, etnografía X, traballo VI, xela X
Aquí a xoubiña sai retratada xogando con algún dos agasallos que recibiu do Papa Noel. Sempre está enfrascada en algo para non obedecer e esquivar a comida. Se non é debuxar é mirar a tele ou máis ben o mundo Nintendo. Tamén xoga á pita co irmán ou enreda coa cadela. Fai equilibrios coas cadeiras e matina coa maxia de Papa Noel. Cando deixe de facer estas dúas cousas deixará de ser unha nena e non quedará muito que xa ten nove anos e medio !
Etiquetas: xela X
A xouba avanza que mete medo se o paro a pensar. Ten un cerebro argallante que me abraia e tanto inventa avións de papel como debuxa con sombras para dar volume ou fai flipbooks ( debuxos nas follas que cando as pasas rápidamente dá a impresión de que teñen movemento as imaxes ). Non sei de onde as saca. Está claro que non é da comida que come coma un paxariño. E non vou gabala máis para que non lle manden un mal de ollo.
Na foto sai resolvendo Temple Trap último nivel.
Etiquetas: xela X
Pese a tanto Coranoviros e ao novo estado de alarma a nosa xoubiña fai o centésimo duodécimo mes.
Ela está aquí co calacú que naceu no valado por fóra da casa da terra que tiramos en maio para pór o novo céspede. Tamén adivíñase a corda que emprega para subir ao mandarineiro. Iso e correr é o que fai cando chega a noite que se nota con enerxía.
E segue sen muito comer e prefire tocar na guitarra a canción de Harry Potter, unha polka ou " O himno da alegría " antes que porse na mesa a xantar.
E xa haberá máis para contar.
Etiquetas: xela X
Un novo outubro e sinto a sensación de que case todo volve a ser o mesmo. O traballo segue sendo estresante e andamos de aquí para alá cos nenos para as súas clases e as súas actividades como por exemplo Xela que segue indo a xadrez anque gardando medidas preventivas contra a peste que vivimos.
E o tempo que refresca e que conseguiu que se pechase a piscina ata o verán que vén.
E onte morreu Quino, o pai da eterna Mafalda. Terei que relela.
Etiquetas: lecturas II, xela X
A xoubiña está aquí vindo de xadrez onde o pasa ben anque perda e gañe máis ou menos as mesmas veces. No cole leva mal o da máscara. Acaba asfixiada igual que todo o mundo e o malo é cando unha vez espirrou co ela posta e tivo que estar todo o tempo co ela. É esaxerado o da máscara: todo o día co ela incluso facendo educación física ao aire libre e logo van ao comedor e comen todos ben xuntiños e sen máscara. Non sei que sairá de aí..
Agora xa non lle deixamos xogar á maquinita pola semana e así ela argalla con papeis e fai avións e debuxos. Tamén volveu a música e de momento non ten inglés. A academia á que ía cobrou ben cobrado durante o fechamento e só mandaba ligazóns a vídeos que nin eran deles e non estamos dispostos a tirar cartos tan ricamente.
E o mundo segue a xirar.
Etiquetas: xela X
Etiquetas: xela X
Etiquetas: xela X
Etiquetas: covid-19 III, etnografía X, xela X
Etiquetas: xela X
Etiquetas: covid-19 I, xela X
Etiquetas: covid-19 I, xela X
Etiquetas: covid-19 I, xela X