Aireándose
E hoxe fixo outro día boísimo de sol. Á mañá fun mercar o pan e as terrazas non estaban mui cheas. Supoño que era cedo ( eran as once ) e aparte co día que estivo a xente foi por aí. Nós fomos a Vlrñ a voar o papaventos de Xela. Era a primeira vez e voou de marabilla e ben logo Xela lle topou o xeito. Tamén levamos a cadela e notábase que era a primeira vez que estaba nunha praia e que miraba o mar. Cheirou, cheirou e non xogou nin coa area nin con paus pero gustoulle.
A xente na praia era pouca e en grupiños e seguindo as normas daquela maneira. Os bares estaban abertos ( tiña eu a dúbida se ía ir algún ao tacho ) e marchamos ás seis e inda estaba a xente nas mesas coa súa bebida.
Antes as normas de circulación eran as máis infrinxidas pero agora as normas ditadas pola Xunta son máis infrinxidas aínda.
Ah, e deixo a ligazón a un vídeo marabilloso dunha muller formidable que se chama Nieves e vive en Viana do Bolo. É pastora, poeta, escultora de madeira e fotógrafa e os fillos construíronlle un museu que en canto abra vou visitalo de cabeza.
Para min que é a Apalpadora porque lle facía xoguetes de madeira aos fillos.
https://www.youtube.com/watch?v=hvFKe0ThsM8
Etiquetas: covidia 21, personaxes IV, xela X
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio