Máscaras e gasolineiras
Hoxe empezaba a obriga de usar máscaras e fun mercar dez á farmacia. Valen a 0.96 € cada unha e son eficaces catro horas así que calcula ti o desembulso que será se o fas ben. Creo que muitos, inclúome eu, van rematar levando máscaras defectuosas.
E falando de máscaras, hai que ver a variedade que hai e como a coloca cada persoa. Xa teño visto de todo: levada coma un bulso, coma un gorro, dependurada nunha orella, polo queixo abaixo, tapando só a boca e incluso tapando só o narís !. Só falta o modelo con buraco para fumar un cigarro ( mentolado xa non pode ser que está prohibido ) ou para meter unha palliña para beber.
Xa hai cafeterías preparándose para abrir pero de momento non nos convencen e estase millor tomando unha boa cervexa artesá na terraza da casa. Abriu hai días unha tenda de roupa de chineses pero inda non mirei o primeiro cliente dentro. Agardo que sexa pasaxeiro e non se marxine esa xente.
E hoxe tivemos a noticia de que van facer unha gasolineira na zona arborada do medio da foto onde hai un motel abandonado, un feixe de gatos e a parella de Plasticosos que viven alí non sei se como gardiáns ou de okupas.
Dentro do malo, non van facer edificios que nos taparían a vista e duraría unha eternidade a obra e ata a gasolineira é algo práctico. Home, eu prefería que montasen un parque ou unha herboristería pero non che van por aí os tiros.
Etiquetas: covid-19 II, vilaguindastre VII
1 comentarios:
As máscaras e a maneira como as usam dão um tratado sobre a asneira.
Abraço, saúde e bom fim de semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio