Miudezas
Nesta etapa tan especial calquera cousiña faise notar. Saín do traballo e a " terraza " do Pradera tiña dous consumidores.
Fóra da casa sentín un rebumbio e o motivo era unha lavandeira que alimentaba dous pitiños. Estiven bastante preto para facerlles fotos e non fuxían. Quedaban estáticos.
A nai ou pai vixiaba dende o castiñeiro.
Os que non vixían son os " cabismóbil " invención miña para referirse á persoa que está a ollar o móbil e non se enteira do que acontece á redonda.
E falando de palabras, seica a palabra " perrera " non existe en ningún dicionario, nin galego, nin español, nin portugués.
Explícao aquí Esther Estévez no seu " Dígocho eu " dende o feche no seu domicilio.
E, falando de pelo, a xente vaino cortando coma Leo que foi hoxe.
Miudezas que aledan un chisco. Como saber que as parroquias de menos de 5000 habitantes teñen liberdade de paseo. Non é o noso caso pero si dos avós.
Un pasiño máis cara a liberdade.
Etiquetas: covid-19 II, lingua XIII, natureza X
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio