Comeza xuñoviros
Empeza este novo mes e hai algúns cambios no ambiente. Xa se empezaron a animar os restaurantes e abriron as portas. O tráfico segue indo a máis pero isto é a punta do iceberg. Semella que todo vai ben pero aínda non sabemos a cantidade de empregos que se perderon e están ocultos.
Extrañoume mirar dúas chicas dándose unha aperta na rúa.
Os bazares chineses funcionan e poñen cartaces na porta coas probabilidades de contaxiarse segundo se leva máscara ou non. Unha xefa reproba a unha empregada galega que non leva postas luvas. As terrazas teñen xente pero bastante apegados os uns aos outros e só lles falta bailar " pechito con pechito ". E despois dunha semana de calor infernal esta noite houbo unha treboada con sarabia que entrou ata na tenda dos chineses. Menos mal que o noso céspede aguantou.
A vida normalízase con avarías en quentadores e avisos vermellos no coche. Xa tardaban.
Agora vai un debuxo corrixindo a foto.
Etiquetas: covid-19 III, natureza X
1 comentarios:
5 %
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio