Adaptacións
O Becho anda por aí e se non é este becho pode ben ser outro novo nun futuro. Para non tocar onde toca máis xente están cambiando en Vilaguindastre os botóns dos semáforos por uns detectores de man. A ver se aprenden os dos supermercados que para acceder ao parking hai que premer co dedo no botón. Eu procuro premer cunha pata da gafa ou unha chave pero non co dedo.
A xente ten medo de tocar onde tocaron outros e así nunha perruquería con este cartel evitan virus e " ataques sexuais ".
Unhas cafeterías pecharon pero aínda algunha abre mudando o nome e pasou do francés Adèle ao galego Bolboreta.
Outros comercios fan negocio coas máscaras de tea personalizadas ou non mentres eu no choio tiven un debate co xefe porque quixen cambiar de máscara despois de usar unha durante dúas xornadas de traballo que estaba suxa, babada e suada. O xefe di que aguanta unha semana pero eu díxenlle que ou levaba máscara como é debido ou non levaba.
En fin, adaptándose a esta situación.
Etiquetas: covid-19 III, traballo VI
1 comentarios:
Tem que ser, amigo. Eu e o marido nunca saímos de casa sem o frasco de desinfetante que usamos várias vezes até voltar a casa.
Abraço, saúde e bom fim de semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio