De vellos e novos tempos
Domingo fomos a Campo Lameiro onde hai un parque rupestre cun centro de interpretación e cuns gravados prehistóricos espallados no exterior. O centro de interpretación está ben e alí explican o que pasaba nesta zona hai catro mil anos. Hai paneis onde explican como vivían, a que se adicaban e como soterraban os seus mortos. Había pantallas interactivas pero por mor do Becho estaban apagadas. Tamén na entrada había xel para as mans. Fóra había un edificio que en tempos era cafetería pero semella que muito antes da chegada do Contraviros xa deixou de traballar e só tiña dúas máquinas expendedoras e unhas mesas e uns sofás para descansar.
Fixemos o percorrido coa familia de Llechat ( coa neniña que me chama Pepe ) e facía calor. Seica había tres fontes pero estaban desconectadas. As diferentes pedras gravadas non se apreciaba nada claro. Menos mal que había á beira un panel cos debuxos que se tiñan que mirar. Fixemos o percorrido todo que serían uns tres quilómetros en círculo e só a Laxe dos Carballos nos impresionou ( a da foto de arriba ). Fóra do recinto toparon outra pedra gravada pero tampouco se distinguía muito. Supoño que usan unha luz especial ou unha cámara. Mesmo eu miraba millor o debuxo na cámara de fotos que na realidade.
Un exemplo de gravado que prácticamente non se distinguía a simple vista pero que se aprecia na cámara.
O que me impresionou saber foi que estaban feitas con pedra. Eu pensei que debuxaban con cicel ou un punteiro estilo canteiro pero non, levaban o traballiño de facelo raspando con pedras.
O sitio está ben e os nenos pasárono ben no labirinto e no poboado con dúas cabanas e dous celeiros e a súa pedra de moer pero os gravados están mui gastados menos os da Laxe dos Carballos. Había un roteiro guiado nocturno que seguro que se aprecian máis os gravados.
E nos novos tempos tiven problemas co coche. Apareceu rascado por outro coche dunha veciña e dicía que non fora ela. Ao final convenceuse e fíxose cargo.
Leo foi ao dentista do Sergas e entramos no centro de saúde despois de muitos meses de non pisalo. Botáronnos xel nas mans e a min, como levaba unha máscara de tea, déronme outra cirúrxica para pór por riba. O dentista atendunos ben e o centro de saúde estaba prácticamente baleiro de xente.
Tempos vellos, tempos novos.
Etiquetas: covid-19 IV, etnografía X
1 comentarios:
Um parque muito interessante.
Abraço e saúde
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio