A guerra das máscaras
E seguimos coa teima das máscaras. Chegaron para botar unha boa tempada e hai que apandar co elas. Hai incongruencias e erros pero está claro que é unha das medidas máis eficaces que temos para evitar o Cornoviros. Elas e o sentidiño.
Á mañá levei a cadela a pasear e chovía. Esquecín a máscara e non me acordei ata que mirei unha veciña co ela posta. O que fixen para non dar volta foi taparme co paraugas cada vez que viña un coche non fosen multarme. Xa á tarde fun co coche e nada máis baixar a costa había un home cunhas bolsas da compra aos pes como esperando que viñeran recollelo. Non levaba máscara e pasou a Garda Civil e parou. Falaron un nada, marchou a patrulla e o home puxo a máscara. Despois no centro estaba a policía local falando cun home que non levaba máscara e aínda botaron un tempo e non sei como remataría a figura. Tamén mirei algunha xente fumando pero nada tan descarado como no bairro obreiro. Estiven o venres alí nunha cafetería onde entraba xente sen máscara e saía á porta a fumar. Había unha merendola de aniversario e a propietaria do bar tomaba a temperatura á xente e mandáballe levar máscara pero durou un pouco a xente así. Iso si, entraba un velliño ao baño cunha máscara que tiña escrito " Amante de papá " en inglés. O que fai non saber inglés !. E tamén deben de regalar as máscaras cunha bandeira española que teño visto bastantes.
Sexa coma for, as máscaras están aquí para axudar anque algún " iluminado " coma Miguel Bosé pense que é unha forma de controlarnos o goberno.
Sentidiño !
Etiquetas: covid-19 IV
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio