leoeosseus

martes, 11 de agosto de 2020

De aquí, de aí e de alí


Eu pensaba que tiña un galego escrito máis ou menos correcto pero non é así. Esther apréndeme cousas novas todos os días co esas pílulas lingüísticas do " Dígocho eu ". O curioso é que semella que le o meu blogo ás veces porque é escribir eu algo mal e ela corríxeo despois. E así aprendín que non é en chinés, nin é " dakí " nin é " daquí " ( menos mal que nunca o escribín así ) senón " de aquí ". Pero tampouco é " dalí " que é " de alí " así que toca correxirme igualmente co " daí ".
Graciñas, Esther ! Vai o vello morrendo e vai aprendendo.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 13/08/20, 21:41 , Blogger Maria dixo...

Cando viñemos para aquí, fai case trinta anos, eu falaba (e escribía) máis ben castrapo. Ó empezar a nosa filla na escola, foi aprender cada día.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio