Sabadete
Hoxe choveu pola mañá pero quedou unha tarde agradable para pasear e alá fomos Xela, Llechat, Naideleo e mais eu coa cadela. Naideleo sabía dun camiño na parroquia veciña e buscamos onde era e despois dun par de intentos topámolo. Deixamos o coche e comezamos a andar costa arriba seguindo o camiño dunha levada que surtía de auga a varios muiños.
Eu contei trece muiños: cinco arruados e oito en pe que non traballan, está claro. O camiño está limpo e sombreado por castiñeiros, salgueiros e amieiros.
Os muiños xa non traballan pero había unha poza baleira cun anaco de papel no chan onde demostra que usan a auga para regar por quendas.
Como curiosidade topei esta imaxe dunha muller ou un cristo con algo que semella unha espiga nunha man e un chupachups na outra. Isto estaba nun merendeiro onde empezamos a construir unha cabana con paus.
Tamén topamos unha parella e un parello por eses camiños que aproveita algunha xente para sabadetear e tamén para tomar unhas cervexas e fumar uns cigarros sen máscara, lonxe da policía neste día festivo.
Etiquetas: covid-19 IV, etnografía X, natureza X
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio