E seguimos a conta
Si. Comemos as uvas e miramos os fogos que estaban lonxe e logo o resto da familia xogou ao bingo para comer Leo as uvas das Canarias. Eu fun para cama que me doía a cabeza. Por sorte, cando espertei xa non me doía a cabeza. O día estaba con néboa e mirábase algode neve nos montes de Portugal pero non podiamos ir que a fronteira está fechada polo Becho. O que si fixemos eu e mais Naideleo foi a camiñada ata Cabeiras. Pasamos polo Enxeño con cartel novo e todo inzado de xestas. Subimos a costa onde está a cadela grande vixiando as touras e pasamos por Perneiral coa súa " Plaza despaña " e o seu xugo e frechas que non fotografei. Pasamos pola porta da Adega Pazo Pondal que puxo uns cervos feitos de madeira para adornar. Logo xantamos e tomamos sobremesa e torradas de viño. Logo tocou dominó e máis bingo e recoller para volver a casiña.
A ver como nos trata este 2021.
Etiquetas: arbo III
1 comentarios:
Ainda bem que a dor de cabeça passou. Parece ter sido um bom passeio.
Abraço, saúde e bom ano
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio