Corrixindo
Que pouco cuidado se ten coa lingua galega ! No cartel da foto sain varias erratas, grallas ou aberracións. E menos mal que o texto é curto !
Pero tamén a Xunta fai das súas que o outro día recibimos unha carta escrita a dúas caras nas dúas linguas oficiais. A parte escrita en español non tiña nin erros nin grallas nin aberracións ( para o que eu sei ) Pero na parte escrita en galego apareceron tres " una " no canto de " unha ", dous " aso " no canto de " aos ", un " agradecemnto " e un " viendeiros " que é tradución de " próximos ". Nótase que o escribiron cun corrixidor electrónico español pero que non tiveron a decencia de repasalo persoalmente.
Pero o importante é que hai menos covidia.
Etiquetas: lingua XIV
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio