Subida ao Castelo
Hoxe andei abondo: á mañá fun buscar o coche ao taller e á tarde subimos ao monte Castelo. Facía algo de calor cando subimos por detrás do cemiterio de Cans pero chegamos bastante rápido. Alá arriba corría aire e había mozos con cans. Tamén apareceu un deses que corren, chegan e baixan correndo. Fixemos fotos nosas, das vistas e das camas das santas.
Logo collemos a pista para baixar polo Roupeiro. Cruzámonos con ciclistas e algunha xente a camiñar. Nótase que os bares están pechados, que os comercios ían pechar a esa hora e que fixo un día espléndido. Baixamos por unha pista fendida pola auga destes días de tal maneira que semellaba unha grecha dun terremoto ou a falla entre as placas de Islandia. Despois pasamos polas casas e o Freixo de Albarín, árbore senlleira.
Non estivo mal o paseo. A ver se mañá me podo mover !
Etiquetas: natureza XI
1 comentarios:
Caminhar faz bem e fazê-lo em locais tão belos renova até a alma.
Abraço e saúde
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio