Día do número Pi
Hoxe é o día do número Pi. E por que hoxe, preguntarás ? pois porque no mundo anglosaxón hoxe é 3/ 14. E así quedou este día así. E Xela aínda lembra o número Pi que aprendeu en decembro !!!
Tal día coma hoxe hai un ano entrabamos en corentena e pasamos a vivir algo novo para todo o mundo. Empezou un calvario que aínda hoxe segue cos seus mortos, xente que quedou con secuelas e xente que perdeu o traballo e xente que hoxe aínda non ten un futuro claro.
Hai un ano empezaba o peche total da xente e agora polo menos temos algo de liberdade de movementos ( ata as dez ) e podemos visitar outros lugares da comunidade ou que nos visite outra xente como avós e tíos dos nenos.
Poño unha foto que me mandaron dende a provincia de Lugo. Foto con truco.
Que de aquí a un ano non teña que lembrar este aniversario !
Etiquetas: covidia 21, familia VIII
1 comentarios:
Nós começamos hoje com um ligeiríssimo desconfinamento.
Abraço, saúde e boa semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio