Contra as bruxas
O outro día era o día da árbore e a empresa organizaba algo para celebralo pero non falaba nada do primeiro de maio; iso non importa e menos cando botan a unha empregada o día anterior cando levaba unha chea de anos traballando para a empresa pero cunha implicación total. O ruxerruxe di que non se levaba ben nin cos subalternos nin cos xefes e aí houbo o toupazo.
Eu puxen o anaco de xesta da foto para varrer meiguices coma esa e demais males.
Polo resto todo ben e celebramos o día da nai coas avoas na casa de convidadas.
Etiquetas: etnografía XI, familia VIII, traballo VI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio