
Xa empezou a vendima en Arbo e co ela a volta ás palabras típicas (monicos, ghapio, outonos, híbados, espalleres,etc); a volver diferenzar as castes de uvas e a non perderse entre as diferentes viñas. Xa vendimamos tintas no Couto, no San Benito, Reghengo, Correlos, Tumbalobos, Louriña e nas Carmelas. As tintas poden ser Caíño (na foto), Mencía, Collón de Ghalo, Barancello, etc. das castes galegas ou Xaque, Gharnacha das foráneas. Hoxe fomos vendimar branco Albariño en Suborribas para a
adega. A adega só admite uva branca Albariña e Treixadura (a vindeira semana). Mañá seguiremos coa vendima pero xa non sei en que finca.
Ata outra.
Etiquetas: arbo, natureza
13 comentarios:
É un traballón o da vendima, pero tamén é un deses labores que deixan no corpo unha estraña sensación de felicidade.
Aí vai unha aposta: Leo vai nacer o 15.
Cantas palabras fermosas e descoñecidas, sinto algo de saudade léndoas mais tamén sinto a alegría da vendima.
Pois eu aposto pola chegada de Leo o 18.
Menudo manual condensado de uva,viño e terra...asi da gusto aprender
Iso é dominio da vendima, si señor!! Biquiños :)
E que ricas están todas!!!! e que dicer do viño...onde vivo agora cren que o único viño bo é o seu.....o que se perden....jeje
Que recordos me traen esas palabras... Se me deixas que me poña un pouco nostálxica, contareiche que cando fixen cuarto de carreira, na materia de Dialectoloxía fixemos un traballo sobre o léxico do viño no Ribeiro. E aínda que non sexas as mesmas verbas, estas que ti escribiches trouxéronme á memoria a ilusión diaria de descubrir novos termos para nomear a toda a familia relacionada co viño...
conta mais acedre!!! eu nunca estiven nunha vendimia e ti es un cronista marabilloso. Conta mais!
En North Carolina ou aquí non deixamos de aprender, así da gusto...
Aínda que eu non estou afeita a esas palabras da vendima, tereinas que buscar...xa é un bo comezo para aprender.
Que a vendima sexa boa! :)
Eu creo que o Leo chegará o 20, hehe.
a ver se sáe boa!!
un saúdo.
creo que o meu pai acaba de botar a perder o viño! mmm seguiremos informando, pero acá no hío estamos en crise. Un ienxperto no medio de dúas lagharetas non debe ser bo asunto!
Todo un curso de enología na parte que atinxe á uva, só feito en falta o rendemento por quilo.
Gardarei o post :)
huuuum o meu reino por un caiño
Que tal leo e os pais de leo.
Unha forte aperta
diossss
fíxoseme a boca auga!
non sabes "cantísimo" me gusta comer a uva esa de facer viño
todassss, todassss
(unhas mais ca outras é verdade) pero gústanme desde as acedas as dulciñas...
(mais case nunca teño oportunidade)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio