leoeosseus

sábado, 30 de decembro de 2006

Balance do ano



Cando chega a fin do ano toca facer balance e ver resultados. Este ano tivo de todo pero máis do bo que do malo. A saúde portouse ben comigo e coa familia en xeral. O traballo foi habendo por tempadas ( tres empresas distintas en dous países ). Rematou a estancia de tres anos nos EEUU e houbo que despedirse de xente que vai ser mui difícil volver ver pero naceu o Leo con todo o que iso trae. Creo que eu, persoalmente, non podo queixarme. Só agardo que o 2007 veña con felicidade, respeito para os demáis e que as catástrofes naturais ou as provocadas pola especie humana sexan insignificantes e que todos o vexamos.
Na foto está o Colín hai xusto un ano nun hotel da Florida recibindo o sol da mañanciña todo feliz.

Etiquetas: ,

20 comentarios:

Ás 30/12/06, 23:55 , Blogger pepe penas dixo...

Ti xa volviches dos eeuu; a miña filla ainda volve para alá. Con este xa serán tres anos, e veremos ainda se se volve a quedar.
¿Que tal leo?

 
Ás 31/12/06, 00:15 , Blogger mariademallou dixo...

pois q o ano q ven sexa tan bo coma este ou mellor!saúdos a ese leo bonito!

 
Ás 31/12/06, 00:48 , Blogger Paco Penas dixo...

Á hora de facer balance, conta moito o estado de ánimo e a túa parece rexa e positiva
Agora só cabe esperar que o 2007 sexa tan fértil como este pasado :-)

 
Ás 31/12/06, 11:26 , Blogger máis alá dixo...

Feliz aninovo. O teu 2006 si que vai ser difícil de esquecer.

 
Ás 31/12/06, 12:52 , Blogger Torreira dixo...

Ese colín ...que envexa!!! (feliz ano pai-de-Leo)

 
Ás 31/12/06, 16:40 , Blogger Madeleine dixo...

Menudo ano, señor, case como o do viño do meu pai! Que pase unhas boas festas, e feliz 2007 pai-de-leo!!

 
Ás 31/12/06, 17:48 , Blogger Laurindinha dixo...

Pois que alegría que todos puideramos compartir o ano 2006 aquí na rede... un anaquiño teu sempre quedará en nós. Feliz Ano!

 
Ás 31/12/06, 18:21 , Blogger besbe dixo...

:) que che vou dicir, non? o mellor para todiños e a quedarse cos bos momentos sempre. Pásadeo ben, familia.

 
Ás 31/12/06, 18:23 , Blogger Xosé Manuel Carreira dixo...

Moi bo ano o teu. Seguro que o 2007 aínda será aínda mellor.

 
Ás 31/12/06, 20:00 , Anonymous Anónimo dixo...

Feliz ano pa todos e oxala q teñas razon.

Bqñs.

;-)

 
Ás 31/12/06, 20:16 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Só quería desexarvos a todos un boísimo 2007. Dende logo ti non te podes queixar do anterior... O Leo vai vivir o seu primeiro Nadal, ¡que riquiño! Seguro que vai ter moitos regaliños, porque ten cara de portarse ben.
Moitos biquiños para todos e que o novo ano supere con creces os mellores momentos do anterior.

 
Ás 01/01/07, 01:58 , Anonymous Anónimo dixo...

Os meus melhores desejos.
QWue o Leo se crie para bem e com boa fada.
E que ti sigas a escrever aquí. Sempre é um prazer vir à tua casa virtual.
Eu também volvo do Rif para junho. Inchallah.

 
Ás 01/01/07, 14:51 , Blogger moucho branco dixo...

Pois mentres haxa saúde...
Agardo que o ano que entra se porte ben con todos vos e que o Leo medre san e feliz, :)

unha aperta.

 
Ás 01/01/07, 15:16 , Blogger David dixo...

Que bonito está o Colin!! :D
Feliz ano!!!

 
Ás 01/01/07, 21:34 , Anonymous Anónimo dixo...

Que este ano sexa logo tan bo coma este, con máis de area qeu de cal. e que o voso pequecho medre san e feliz.

Unha apreta moi forte para os tres e para o Colin.

 
Ás 01/01/07, 22:53 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

vaia, que sorte o de estar nos e e u u. É algo que teño pendente. XD.

Boa entrada de ano e que xente coma Carballeiro siga a alumear tódolos lusco-fuscos. É ou non é?

 
Ás 02/01/07, 00:02 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polos vosos comentarios e bos desexos. Non creo que o 2007 sexa malo con tanta boa vontade para apoiarme a min e á miña familia.

 
Ás 02/01/07, 21:10 , Blogger torredebabel dixo...

Fermosos desexos, Acedre! que se cumpran todos eles!

 
Ás 02/01/07, 22:48 , Blogger leco dixo...

Os nosos mellores desexos para 2007.
A familia pelacha

 
Ás 03/01/07, 14:58 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Feliz Ano!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio