leoeosseus

mércores, 10 de xaneiro de 2007

O conto do rapaz que quería voar


Un dos temas que me gusta é a toponimia e a orixe dos nomes de lugar. Na foto está parte de Barcela que ven a dicir val pequena e nótase, non ?. E daquí é un home do que non lembro o nome e do que o meu sogro me contou unha historia divertida e verídica. Resulta que o tal individuo cando era pequeno sempre miraba con envexa para o ceo cando pasaba un avión. E chegou unha época na que o rapaz acabou por se pechar no cuberto tódolos seráns. A lideira durou varios días e ó fin un día chamou o irmán e pediulle axuda para subir ó alto do canastro un avión que fixo de madeira; ben feituquiño pero de madeira. No morro do avión atou unha corda e el montouse no avión. Cando estaba alí no alto dixolle ó irmán que estaba abaixo: - Tira forte da corda e dille a mamá que vou pro Brasil.
Está claro que ese día non saiu de Barcela pero hoxe anda pola internet adiante.

Etiquetas: , ,

10 comentarios:

Ás 23:49, 10/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Fermosa imagem do val outoniço, com as árvores ondulando polo meio da erva e a humidade da tarde começando a se pousar .
Também fermoso relato de raparigos engenhossos por falta de tantas cousas que agora temos..
O meninho queria revivir o mito de Ícaro, mas indo ao Brasil, mais acaido e mais mágico que o sol.
Onde vai parar...
Cada tarde visito estas casas virtuais esperando encontrar algo de mágia.
E nunca me defraudão: um luxo e umha sorte.

 
Ás 02:52, 11/01/07 , Blogger Mario dixo...

Si que é ben graciosa a historia do cativo, menos mal que non lle deu por tirarse do tellado nen nada polo estilo.

 
Ás 12:57, 11/01/07 , Blogger moucho branco dixo...

que maravillosa a inxenuidade da infancia... mira que pensar que o combustible lle chegaría até o Brasil...

 
Ás 23:23, 11/01/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos vosos comentarios.
A verdade é que cando oín a historia encantoume. Estabamos na sobremesa e fóra facía frío. A cociña de ferro acariñaba con calor os nosos corpos e a tele estaba muda. Xuntáronse estas condicións e saiu unha conversa leda con historias e cousas pasadas.

 
Ás 03:47, 12/01/07 , Blogger TXARI dixo...

cando se é neno...a imaginaçom dominache e é onde um reconheçe a inocecia que aínda nos persegue...moi graciosa história

 
Ás 13:43, 12/01/07 , Blogger oko dixo...

pois logo, cos anos chegou ainda mais lonxe que o Brasil, non? ,P

 
Ás 13:05, 13/01/07 , Blogger Torreira dixo...

E que mais se pode pedir compañeiro? (que alguen tire da corda e fuxir lonxe é unha boa petición imaxinativa que non entende de Iberia)

 
Ás 22:57, 13/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Si, mais non creo que lle dése tempo de chegar ao Brasil co hostiazo de debeu mangar. Neste caso gaña Sancho, non Quixote.
A máis favorecida, como sempre, a web pecadora.
Mo *
Moi bo post, paideleo, un pracer ler un blog tan coñero.
Linda foto.

 
Ás 00:04, 14/01/07 , Blogger David dixo...

que curiosa a historia do rapaz... :D fermosa foto, hehehe...
saúdos!

 
Ás 09:49, 05/01/12 , Anonymous Generic Levitra (Vardenafil) dixo...

Great website, looks very clean and organized. Keep up the good work!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio