leoeosseus

domingo, 11 de febreiro de 2007

Fin de semana chuviñenta e caseira



Esta fin de semana foi mui caseira debido á chuvia. Así que aproveitei para dar unha volta pola interrede adiante e descubrín novos blogos. Liguei algúns deles e outros que me quedaran atrás noutras ocasións. Dáme mágoa non poder comentar en algún ou ter unha conexión tan lenta que non podo ver vídeos interesantes sobre o entroido en terras de Oza ou o falar dos canteiros.

E agora vou durmir que se non me esperta o espertador a pilas espértame o espertador a leite materno.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 02:11, 12/02/07 , Blogger TXARI dixo...

a rede muda ao segundo, todo varia en cuestióm de nada, coma os bebés que nono son por muito tempo, aproveita ese "espertador" que será a milhor lembraça dum sacrificio belíssimo...

 
Ás 16:15, 12/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

de cando en cando hai que facer unha expedición polo blogomillo descoñecido para atopar grandes novos lugares, :)

 
Ás 10:32, 13/02/07 , Blogger Peke dixo...

Bonita foto; aquí o domingo tamén foi gris. Bico a Leo.

 
Ás 19:56, 13/02/07 , Blogger OSIÁN dixo...

O viaxar pola interede eche un viaxe cheo de mundos por descubrir.
Unha aperta

 
Ás 01:05, 14/02/07 , Blogger besbe dixo...

Eu tamén estou descubrindo unha manchea de sitios novos e todos moi interesantes. De paso veño aquí a desculpar o malentendido do aniversario, que ás veces non me explico nada ben. Polo demais, auga e máis auga.

Bicos!

 
Ás 16:00, 14/02/07 , Blogger torredebabel dixo...

graciñas polas presentacións! por sorte, o blogomillo medra e medra e, ainda que sempre estea eu atrasada no coñecemento dos novos parentes, pareceme fabuloso este crecemento!

 
Ás 16:43, 14/02/07 , Blogger David dixo...

Pois si, cada vez hai máis sitios interesantes na rede ;)
Ademais o blogomillo medra a altas velocidades, hehehe...
Saúdos!!

 
Ás 22:08, 14/02/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos comentarios.
Ultimamente non escribo muito que caio derrotado polo sono enriba do ordenador. A ver se pasa este tempo que achoucha.

 
Ás 22:28, 14/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

caramba xa fai días que non podía entrar e non vin ata hoxe a foto de leo, mira que está lindo e espabilado.

Beijos para os tres.

 
Ás 13:31, 15/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Senhor paideleo.
Umha ledicia para mim que já possa comentar em meu blogue.
A rede é umha toleria, às vezes, mas é um lugar de encontro que, de outro jeito, de seguro não teriamos.
Também um lugar para visitar a Galiza desde longe.
Biquinhos para o Leo e umha aperta para você e a sua Ana.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio