leoeosseus

xoves, 22 de marzo de 2007

Día da auga

Enteirome por aí de que hoxe é o día mundial da auga e, por casualidade, leo nun libro de Vázquez Figueroa que andaban os españois do século XVI na busca da illa Bímini, onde dicían que estaba a fonte da eterna xuventude. Xa había picaresca daquelas e había xente que vendía falsos mapas sobre a localización desa fonte. Con picaresca ou non, os españois buscábana pola península da Florida pero seica algúns científicos actuais topárona no Himalaia onde a xente dunha tribu chega ós 120 anos sen dificultade gracias a unha auga alcalina. E agora en Miami ( ó final vólvese á Florida ) estana embotellando para vender.
Eu , francamente, non quero chegar ós 120 anos así que procuro beber auga de forma rebaixada... a ser posible en forma de viño ou cervexa.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 01:06, 23/03/07 , Blogger mamiago dixo...

Eu, so bebo auga...daquela, ¿vivirei muitos anos?

 
Ás 08:15, 23/03/07 , Blogger Mario dixo...

Eu non sei se non será picaresca outra vez. A tribo esa ao mellor lle ven a vitalidade da dieta, ou da altitude (seguro que lles dá pouco o sol). Así e todo haberá que beber moita para que faga algo, o cal equivale a chegar pobre ao 120.

 
Ás 08:49, 23/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

A única auga que tomo é a que absorbe a miña pel da choiva así que véxome con pouco futuro.

 
Ás 10:19, 23/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Había unha vez un paisano que dicía que a auga tiña que ser moi mala para o estómago; só había que ver como deixaba as corredoiras...

 
Ás 12:25, 23/03/07 , Blogger moucho branco dixo...

Para min os 120 non son abondo, eu preciso da inmortalidade, non me conformarei con menos.

 
Ás 18:35, 23/03/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Tanto preparar beberaxes, apócemas, montar talismáns e demais parafernalia cando o único que haberá que facer será pillar un botellín desa auga no súper... pois menuda decepción.

 
Ás 22:17, 23/03/07 , Blogger Andrederabal dixo...

Un veciño meu , que morreu queimado de viño , dicía que a auga para as rás.

 
Ás 02:21, 24/03/07 , Blogger Torreira dixo...

Estántolos estos ianquis Pai

 
Ás 21:19, 25/03/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Pois eu bebo entre dous e tres litros diarios e síntome coma un bebé...

 
Ás 23:04, 25/03/07 , Blogger Raposo dixo...

Eu tamén a tomo rebaixada nos cubatas de ron. A auga vai nos cubitos de xeo.

 
Ás 22:01, 26/03/07 , Blogger Paco Penas dixo...

¡Auga non, gracias!...amabilidade ante todo.
Non sei, vistolovisto, non sería mala idea aproveitar o "pis" dalgúns como enerxía das renovables ¿ou?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio