leoeosseus

luns, 18 de xuño de 2007

Interneteando e o meigo


Esta fin de semana tan chuviñenta ( almorzos con xarope de arce e merendas con chocolate ) non deu para paseos reais pero si algúns virtuais. Encantoume a defensa da lingua galega de eunoutrolado. Aprendín algo sobre os nomes dos galegos e ata sobrevoei terras de Arbo gracias ó Youtube.
O Leo tamén aproveitou o tempo para aprender e xa agatuma, ou sexa, arrástase polo chan coma un soldado .
E aquí está na súa bañeira mostrando os sachiños de abaixo. É un meigo ( como di a avoaE ) e tamén é un macaquiño da caixa dos mistos ( como di o avóM ).

Etiquetas: , , ,

16 comentarios:

Ás 12:55, 18/06/07 , Blogger Elianinha dixo...

Mimá, pero que bonitas son esas lorciñas!!! E que ollazos ten o macaquiño da caixa dos mistos! Alédome de que che gustase o dos nomes galegos (pola parte que me toca, que a documentación do gráfico é miña ;))

 
Ás 14:23, 18/06/07 , Blogger An dixo...

Canto te decates xa che anda as mozas, hahaha, espero que teñades un bo vran pra paseares :) Saudos

 
Ás 18:06, 18/06/07 , Blogger mariademallou dixo...

hehe, está bonitísimo o leo ;)

 
Ás 18:30, 18/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

ese rapaciño está rico rico, ¿está sempre a rir ou é que aproveitas para sacarlle a foto sempre rindo?
en todo caso vese un neno feliz
unha aperta

 
Ás 19:23, 18/06/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Ise neno é unha fermosura, acórdame aos meus... aproveitade e disfrutade del todo o que poidades porque, como di an, cando vos decatedes ándavos ás mozas.
un bicazo para ese Leo tan fermoso

 
Ás 20:32, 18/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Vese que lle gusta o baño. Parece un pitiño feliz. :)

 
Ás 21:03, 18/06/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Qué grande e que fermoso está!
É formidable ver como crece a través da rede...

 
Ás 22:48, 18/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

a imaxe da felicidade, é o que trasmite a cara iluminada do rapacinho!

 
Ás 01:02, 19/06/07 , Blogger busto.agolada dixo...

É certo o da aldea global. ¡Quen ía dicir que coñeceriamos as idas e vidas do Leo desde calquera parte do mundo! Aí o está, nos nosos terminais, a sorrir e a encher de ledicia a súa casa e a nosa.
Unha aperta para un neno feliz e tamén para os seus pais.

 
Ás 01:36, 19/06/07 , Blogger Hai Cada dixo...

¡Qué lindo! E ben se ve que se divirte na auga...
Unha aperta.

 
Ás 15:17, 19/06/07 , Blogger Torreira dixo...

Pero que repoludo e de que bo ver esta o Leo.Parabéns

 
Ás 18:10, 19/06/07 , Blogger *Sara dixo...

:D

 
Ás 19:16, 19/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

aproveitai a gozalo, que o tempo pasa voando ;)

 
Ás 23:47, 19/06/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

O Leo está cada día máis lindo e máis lindo cada día mellor e mellor como di a canción...

Beijos x tres.
:)

 
Ás 01:41, 20/06/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos piropos e os bicos.
O Leo non ri muito estes días que están os sachos de arriba dándolle a tabarra. Pero aínda saca algún sorriso destes tan meigos.

 
Ás 01:30, 22/06/07 , Blogger torredebabel dixo...

É un "bombonazo!" como di a tia blogueira de Bos Aires ;-)) Saúdos aos pais que o fixeron tan guapo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio