leoeosseus

domingo, 5 de agosto de 2007

Fin de semana movida para o Leo


Esta fin de semana puido co Leo que sae na imaxe como chegou hoxe a casa.
Onte estivemos en Pías e xogou co curmán Fiz. Á tardiña fomos á praia e agatañou pola area adiante. E hoxe estivemos en Marín desfrutando cunha familia blogueira e outros amigos que teñen un fillo que non chega ós dous anos. O tute que levou foi de máis.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 00:46, 06/08/07 , Blogger emereci dixo...

Hahahaha, xa vin na casa da familia blogueira o tremendo domino do gateo ten o Leo... e que guapirmo está!
Biquiños.

 
Ás 09:09, 06/08/07 , Blogger Unknown dixo...

Quedou toupado, vaia ritmo que leva o chaval. Os pais seguro que quedaron peor.
Un saudo

 
Ás 14:38, 06/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero que cousiña mais rica! Que mofletes!

 
Ás 21:15, 06/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns polo aniversario (xa sei que é o outro post, pero) e parabéns por esa fermosura.

 
Ás 01:00, 07/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

xa fixeches un ano con este Blog, outro ano co outro, xa tiveches un fillo, seguro que tamén plantaches unha arbore, ¿subiches en globo?

 
Ás 20:47, 07/08/07 , Blogger Torreira dixo...

as bochechas deste neno deberíanse mancomunar.Apertas

 
Ás 22:49, 07/08/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Feliz cumple blog, e que cumplas moitos mais. saludos

 
Ás 23:27, 07/08/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos piropos e os comentarios neste mes tan pouco dado a bloguear.

 
Ás 01:20, 08/08/07 , Blogger torredebabel dixo...

que feito!!!! e con esa cariña de canso! mágoa perder na meoria eses días de rapaces. Penso que teñen que ser dos mellores da vida.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio