leoeosseus

luns, 27 de agosto de 2007

Once meses


O tempo pasa e o Leo chegou ós seus primeiros once meses de vida. Está grande e longo e ten bastante forza que se amarra coma unha lapa ó que lle gusta. É dono de sete dentes e un sorriso especial con ollos chispeantes para Ana e para outros nenos. Segue sendo un naipelo e dá malas noites pero no día faise querer. Ten o seu falar estranxeiro e o seu gatañar lixeiro polo chan ou ó longo do sofá; pero tamén bota tempo de pé e dando pasiños agarrado a unha silla ou á cancela da sala. Gústalle xogar a pillar, explorar e tirar con todo e pasa muito do día xogando e lareando el só. Pola rúa xa non fala e adica o seu tempo a mirar e remirar. É a admiración das caixeiras do Froiz, das veciñas e dunha xitana vella que lle deu a súa benzón e que se admira dos seus pés espidos como " perro de cura " ( segundo di ela )... E xa sabemos que as maldicións e benzóns das xitanas son poderosas; polo que o Leíño seguirá progresando.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 10:52, 28/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

ainda naceu onte e xa está feito un home do mañán.

 
Ás 17:16, 28/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Aínda me lembro de cando anunciaches no blog que Ana estaba embarazada. Joé co tempo!
Está moi lindo. :)

 
Ás 18:03, 28/08/07 , Blogger Pau dixo...

Menudo sorriso!!!

 
Ás 23:14, 28/08/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

que sol... juapo juapérrimo.

 
Ás 03:17, 29/08/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Eu de ti iría a polos 2.500€ :-)

 
Ás 01:12, 30/08/07 , Blogger torredebabel dixo...

pois haberá que ir organizando unha bonita festa de cumpreanos!!!! moitos bicos enormes para ese neno tan guapo!

 
Ás 16:54, 04/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

e ata ten un dente máis cá sabela. ¿xa lle foches ensinando a apagar as velas?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio