leoeosseus

martes, 4 de setembro de 2007

Barquiiillos

Esta imaxe foi tirada hai tres horas. O Leo desfrutou na area agatañando e metíase sen medo no mar. Houbo dous feitos extraños para el: que a auga que tiraba na area desaparecese de forma misteriosa e que pasase cada pouco unha señora berrando " Barquiiiiillos ". Eu lembro que antes dicían " Parisiiiiiéns y patatillas ".

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 23:34, 04/09/07 , Blogger Raposo dixo...

Fai xa bastantes anos un tío nas Cíes pasaba dicindo "Barquillos", e despois dicía "Tabaco, porro, marihuana".
Non sei de que producto vendeu mais.
Apertas.

 
Ás 11:21, 05/09/07 , Blogger Elianinha dixo...

Ostras, os parisiéns, é certo.

 
Ás 14:10, 05/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero que foto me pos? A do verán? Pero chegou a Ghalisia, agora que me teño que poñer a traballar? Paciencia...

Unha aperta, e alégrome de encontrarvos a todos ben.

 
Ás 18:46, 05/09/07 , Blogger ictioscopio dixo...

Al rrrriiicooo parisiéeen! Ciinco duuuros! (ou eran 20?) buf que tempo hai diso xa :)

 
Ás 19:59, 05/09/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Que fermosas son sempres as postas de sol. Mágoa que este ano andou pouco por estes lares. Saúdos

 
Ás 21:09, 05/09/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Seguro que foi un día entranhable, quen me dera ver ao Leo.

Beijosssss de setembro.
;)

 
Ás 22:04, 05/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Pipas! Caramelos! Gharrapiñadas!

 
Ás 23:32, 05/09/07 , Blogger paideleo dixo...

Na foto sae o sol ocultándose por detrás de Monteferro, en Nigrán.
Eu non sei como a xente come parisiéns e patatillas nun ambiente tan seco como o da praia. Bueno, eu tamén os comía de pequeno. Iso si, prefiro tomar piña como nunha ocasión nas Canarias...iso si que refresca !.
Ictioscopio: os parisiéns custan agora un euro.

Graciñas polos comentarios e feliz fin de verán.

 
Ás 23:37, 05/09/07 , Blogger La queue bleue dixo...

Parisiéns?
:?

 
Ás 00:21, 06/09/07 , Blogger Torreira dixo...

Parisiéns!!!!!,non era a magdalena de Proust?:Apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio