leoeosseus

domingo, 30 de setembro de 2007

O tempo " dorme "



Onte sábado por fin rematamos a operación vendima 2007. Empezou mal o asunto cando na finca do Couto topamos a " pegada " dos cabalos do monte. Había bostas e comeran bastantes uvas. Outro problema que viamos era o tempo. O ceo estaba pechado de nubes e o avóM dixo algo que nunca oíra. Algo bonito e ata poético. Dixo que o tempo dormía. E mesmo parecía de tan negro pero tranquilo e silandeiro que estaba o ceo. E tivemos sorte que o tempo durmiu ata que rematamos a vendima coas últimas uvas de treixadura. No camiño para Vilaguindastre o tempo espertou... e de que maneira !.

Etiquetas: , ,

10 comentarios:

Ás 23:21, 30/09/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Despois de tanto tempo co tempo igual, xa iba sendo hora de que fixera algo, ainda que fose durmir. Saludos a todos e un tironciño na orella do Leiño.

 
Ás 11:50, 01/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

E como están eses cadrís despois da vendima?

 
Ás 12:10, 01/10/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Gústame a foto a expresión do tempo dormido. E pregúntome cómo poderiamos facer para catar o viño novo pola Rede.
Saúdos

 
Ás 14:54, 01/10/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Tremenda foto! a min tamén me gusta

 
Ás 15:55, 01/10/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Operación vendima rematada!!! (a expresión o tempo durmido encantoume)

 
Ás 18:24, 01/10/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

En casa cuando el tiempo esta asi el gato duerme sin parar.

 
Ás 18:35, 01/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Vexo que non fun o único. A min a foto tamén me pareceu impresionante.

 
Ás 22:14, 01/10/07 , Blogger Alexan dixo...

Fermosa imaxe é fermoso texto
Unha aperta

 
Ás 23:04, 01/10/07 , Blogger paideleo dixo...

Os cadrís non sufriron pero quedan as mans negras de vendimar. Uns días duchándose e lavándoas e acabará por saír.
O tempo mudou pero en Arbo aguantou bastante. A mañá o día durmía co ceo fechado de nubes estáticas negras pero despois do mediodía cambiou e activouse. Misturáronse nubes negras con brancas, ceos azuis e lancetas de sol e bataghadas con vento.

Graciñas polos comentarios. O Leo recibiu o turrón de orella e o viño virtual millor que nunca exista...como a realidade non che hai.

 
Ás 23:22, 01/10/07 , Blogger Raposo dixo...

Haberá que catar ese viño, logo!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio