leoeosseus

mércores, 3 de outubro de 2007

O encargado optimista



Hoxe descubrín que xa levaron a carretilla da vía do tren. Hai anos viña materia prima á fábrica en vagóns e a carretilla da foto era a encargada de remolcar os vagóns. O traballo foi a menos e a carretilla levaba cinco anos sen utilizarse... cinco anos !. Hai uns meses estaba co encargado que eu considero unha das persoas máis optimistas do mundo e apareceron uns homes para revisar a carretilla. Eu pregunteille ó encargado que facían eses homes e el dixo que ían levar a carretilla. Eu pregunteille se non ía usarse a vía nunca máis e el díxome: - Non, DE MOMENTO, non...Para min iso é optimismo.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 23:57, 03/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois si que o é, pero quen sabe, igual co AVE...
Di Eva que en Castelo aínda seguen a utilizar o tren para cargar pezas grandes. A ver canto duran.

 
Ás 00:30, 04/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Ola. Para mín é a primeira vez que velo. Tampouco sei qué é...
Graciñas pola teu comentario no meu blog!
Saudos

 
Ás 01:29, 04/10/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Hai xente que é así, e non hai quen a cambie. E que duren moitos anos, que sen eles non facemos nada.

 
Ás 02:21, 04/10/07 , Blogger torredebabel dixo...

ese é o optimismo que ven salvando ao mundo benquerido paideleo. Ese mesmo que atopaches nel.

 
Ás 10:16, 04/10/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Tal e como anda o mundo, co de riba para baixo, aínda lle ha volver o tempo á carretilla.
Apertas

 
Ás 17:32, 04/10/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E uma pessoa optimista vive melhor a vida. Não sofre por antecipação.
Um abraço

 
Ás 21:00, 04/10/07 , Blogger Alexan dixo...

Está moi ben ser optimista, sen chegar a ser un iluso. Hai quen di que un pesimista eche un optimista ben informado.
Un saúdo

 
Ás 21:26, 04/10/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois si señor, eche un optimista en toda regra, porque eu pensaría que á carretilla acabouselle a vida laboral.
Un saudiño.

 
Ás 23:19, 04/10/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Si señor, que sorte tes traballar con xente así.

 
Ás 16:30, 05/10/07 , Blogger crispress dixo...

Sabes que eu estou totalmente dacordo co optimismo do teu compañeiro ;-) Por certo, espero que podamos vernos esta fin de semana, tratade de non facer plans e xa chamarei coas novas. Bicos.

 
Ás 22:52, 05/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai moita xente que sempre ve a botella medio baleira...xa ia sendo hora de que haxa alguén que a ve medio chea.

 
Ás 23:49, 05/10/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Iso sI É optimismo, pero á vez é unha especie de muletilla moi utilizada, esa de "de momento"

 
Ás 10:48, 07/10/07 , Blogger Pau dixo...

Isto é como o da botella meio chea ou meio valeira. O resultado é o mesmo mais todo depende da forma que o mires

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio