leoeosseus

mércores, 28 de novembro de 2007

Big bag



No traballo hai unhas sacas enormes de mil quilos. Chámanlles " big bag " en vez de chamarlles sacas grandes. Non sei porque teñen o nome en inglés se a xente descoñece o significado nin sabe como pronuncialo. Óese " bicbac " por aquí, " biobá " por alá, " bijbaj " por acolá e ata eu digo " bimbán " de broma.
No inglés teñen un problema parecido coas palabras foráneas e así un barrio de Londres chámase " elephant and castle " ( na foto ) en honor a unha muller que era " la infanta de Castilla ". Pero eu ademáis coñecín persoalmente un caso parecido cando facía sanduiches en Londres no " Pret a Manger ". Un ingrediente dos bocatas veganos era a alfalfa que viña de España. Os ingleses na súa vida sentiran falar de tal ingrediente e etiquetaban os paquetes escribindo " alfa alfa "...Supoño que así parecería un ingrediente máis nutritivo.
En fin...

Etiquetas: ,

16 comentarios:

Ás 07:32, 29/11/07 , Blogger Arale Norimaki dixo...

E ha de ser constante mundial... non me tenho metido en lios por non entender o que me dician os guiris...ate rematei por dicir eu "paila" por aforrarme o de explicar que era "paella"... en fins...

 
Ás 11:34, 29/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Ha, ha, ha. O de alfa alfa está boísimo.

 
Ás 21:36, 29/11/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

éche como o de "Capetón", querido pai.


Un saúdo.

 
Ás 22:10, 29/11/07 , Blogger Pau dixo...

Gracioso e interesante. O alfa alfa debe de ser o antecedente do bifidus

 
Ás 22:14, 29/11/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Na vida da Mariña Mercante, o ingles utilizado, era ademais de moiu corto, suficiente pra andar polo mundo enteiro.Saber decir focki, leidi , bar e bierr,abríache moitas portas.

 
Ás 23:09, 29/11/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Todo o que escribo é da miña colleita teño cousas escritas desde o ano 1992 A. Cris

 
Ás 01:14, 30/11/07 , Blogger torredebabel dixo...

hahaha moito rin! aqui temos iso mesmo pero co portugués: as relacións co Brasil fixeron que moitos tiveran ou desexaran aprender a falar a lingua, e tamen fixeron que outros pensaran que se pode falar sen aprendela. Non sabedes as cousas que se poden escoitar pola rúa!! de xente que pensa que está a falar en portugues e que non sae do máis espantoso portuñol. Co inglés xa non pasa porque estamos completamente colonizados e case o fala mesmo quen nunca o aprendeu formalmente...

 
Ás 02:14, 30/11/07 , Blogger TXARI dixo...

que em todas as culturas cócen-se fabas...nalgumha máis que noutras...a verdade!

 
Ás 10:25, 30/11/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Fixome gracia o de alfa alfa...

Unha aperta.
:)

 
Ás 11:54, 30/11/07 , Blogger Veloso dixo...

Que bo! Aínda rin un pouco lendo o do bigbag e o elefante. Conta o meu pai, de cando traballaba en Spar, que aos Corn Flakes lles chamaban Cornos Flacos. Un saúdo.

 
Ás 12:15, 30/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Moi divertido e interesante. Saúdos

 
Ás 20:26, 30/11/07 , Blogger Raposo dixo...

Nin big bag, nin binbán. O que son é unhas sacas do carallo.

 
Ás 03:41, 01/12/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Moi bo. Lémbrame expresións do tipo "nadar na ambulancia", "estar de caspa caída", "entre a espalda e a parede" e cousas así.

 
Ás 11:18, 02/12/07 , Blogger a.ma dixo...

Moi curioso o do "elephant and castle", cousas dos idiomas. Unha amiga falábame de como un coñecido irlandés termaba en adaptar frases feitas...a súa favorita era "irse ao sobre" pero xa vos podedes imaxinar como quedaba co sotaque e o envelope de por medio. Saúdos!

 
Ás 18:52, 04/12/07 , Blogger Mer dixo...

Sen ir máis lonxe, eu que ando totalmente aparvada últimamente, con moito traballo pero tamén con moitas cousas que desexo facer, non ía poñer nada neste post pero hoxe pasoume unha cousa, dinme conta de que Chousa da Alcandra se chama así, levo semanas mentalmente lendo Chousa de Calandra. Acabo de lelo como se le.
Supoño que isto ten algo que ver con aquel post "velocidade" de mueja.

 
Ás 18:24, 05/12/07 , Blogger crispress dixo...

Encántame a foto, lembroume á peli do "Moulin Rouge", asi que este post resultoume moi curioso. Por certo, hoxe meus novos alumnos cometeron un erro moi simpático por mor dunha palabra en francés que se usa en Inglés para dicir menú do día, dise Table d'hôte á francesa, e en vez diso dixeron Carte d'or... Vése ben que xa estamos no Nadal.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio