leoeosseus

mércores, 7 de novembro de 2007

Papapapapapa



O Leo xa leva algúns días dicindo " mamamama " cando mira a Ana pero hoxe sorprendeume cando entrei pola porta da casa e agatañou cara a min dicindo " papapapapapa ".

Non sei que dicir. Gustoume.

Etiquetas:

33 comentarios:

Ás 23:38, 07/11/07 , Blogger mamiago dixo...

preciosa foto!

 
Ás 23:47, 07/11/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas.
A foto xa é un pouco "antiga". Terá uns quince días xa.

 
Ás 23:48, 07/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Dicir pouco dixeches pero seguro que a satisfacción excedíache por fóra da camiseta.
Ao Leo vaille gustar a foto camdo a mire con máis anos. A min tyamén me gustou.
Saúdos.

 
Ás 23:58, 07/11/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

pois noraboa! que espelido!
non é coma o rabudo do meu sobriño, que o primeiro que aprendeu é "nonononono!!"

 
Ás 00:31, 08/11/07 , Blogger Hai Cada dixo...

Uffff, só de pensalo caeme a baba :)))).
Unha aperta.

 
Ás 00:51, 08/11/07 , Blogger bouzafria dixo...

Como non! Outro momento para non esquecer. As veces dicimos pensando nos nenos: ¿Cómo poidemos estar tanto tempo sen eles?

 
Ás 10:09, 08/11/07 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Estades os dous ben guapos.
Parabens para Leo por tantos adiantos da gloria velo.

Unha aperta grande para os tres.
:)

 
Ás 14:58, 08/11/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Parecédesvos moito! Como ten que ser de emocionante que a un lle chamen "papa"...
bicos

 
Ás 15:43, 08/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que emoção não amigo. Parece que alguma coisa rebenta dentro do peito. Dá até vontade de chorar.
Só quem nunca foi pai ou mãe não entende.
O Leo está cada dia mais bonito.
Um abraço

 
Ás 20:42, 08/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Emocionante, non? ;)

 
Ás 21:03, 08/11/07 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Que cousiña! E que rápido empeza a falar, eh? Tes que estar máis que orgulloso. Un momento para non esquecer, gracias por compartilo

 
Ás 21:03, 08/11/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Vas ter que mercar un babeiro ben grande... non, para o Leo non, para ti jejeje.
¡Ai que neno tan bonitiño!
un saúdo.

 
Ás 21:15, 08/11/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Si, sempre din primeiro mamá, para dicir papá xa teñen que falar un pouco máis :-)
Pois agora xa sabes, vaite preparando, que este rapaz se ten a mesma curiosidade polas cousas que o pai, cando escomence a preguntar non vai parar.
Apertas e bicos para os dous.

 
Ás 22:08, 08/11/07 , Blogger Pau dixo...

Eu creo que o que queria decir era que lle deses " a papapaga"
Linda foto

 
Ás 22:12, 08/11/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Menuda panda pra ir de verbenas polo mundo adiante, je je. Ídelas levar de calle as nenas todas. Vas ter que poñer tí o babeiro.

 
Ás 06:54, 09/11/07 , Blogger Alexan dixo...

Non si a emoción ea tenrura, xa se ve na foto .
Unha aperta

 
Ás 08:13, 09/11/07 , Blogger Aurora Cascudo Román dixo...

que neno máis lindo o teu!
Facía moito que non "viaxaba" polos blogs..e púxenme ao dia cos teus posts nun ratiño, encantoume o dos recordos da aldea porque eu tamén teño grabado a ferro os meus na miña aldea, durmindo cos meus primos nesas camas cos colchóns afundidos e tantas aventuras, eu intento repetir esperiencias indo de turismo rural...pero non che é o mismo, e a espalda xa se resinte nas camas incómodas..
jeje
un bico!

 
Ás 12:30, 09/11/07 , Blogger crispress dixo...

Que emoción!! Son testigo de que o rapaz xa se comunica verbalmente, o outro dia collinlle un dos seus libros e deseguido me fixo saber que era seu cun "eeeoooo". O rapaz xa sabe o valor que teñen os libros, estou segura.

 
Ás 16:37, 09/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

en poucas palabrs que tremenda ledicia mostras, noraboa

 
Ás 22:57, 09/11/07 , Blogger Raposo dixo...

Penso como Pau: eu creo que xa che pide a paga.

 
Ás 01:32, 10/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

que un melindre pequerrecho ande xa a dicir papá.... ¿como facer para que non caia a baba?

 
Ás 14:44, 10/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Grazas polo teu comentario do meme, gora espero a tua sincera opinón do post que colguei onte venres. Grazas

 
Ás 15:31, 10/11/07 , Blogger Torreira dixo...

Ese orjulloso pai.Apertas e parabéns

 
Ás 19:15, 10/11/07 , Blogger oko dixo...

e non che había gustar!!!!
que cousa máis bonita pode haber?

 
Ás 19:53, 10/11/07 , Blogger vermella dixo...

noraboa!,ben bonita a foto.
saúdos.

 
Ás 20:43, 10/11/07 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Un consello: habitúate a levar panos á man; se non as babas...

 
Ás 01:10, 11/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu pensaba que dicían antes "papá" ca "mamá". Gustaríame verche a cara cando o dixo.

 
Ás 00:45, 12/11/07 , Blogger torredebabel dixo...

que fermoso, que fermoso! eu non lembro cando foi que Santi me dixo mamamama pero si lembro perfectamente a primeira vez que sorriu. Foi un sorriso fermoso, como non vin outro na miña vida, e foi para min.

 
Ás 19:16, 12/11/07 , Blogger TXARI dixo...

caevos a baba a os dous!!!!!, debeu de ser moi emotivo,...

 
Ás 22:04, 13/11/07 , Blogger Jorge Guitián dixo...

Si é que cando se soltan e se deciden a dicilo... Flavia xa pasou a dicir Papi, ademáis de Papá, así que xa podes imaxinar como se me cae a baba.

 
Ás 08:54, 15/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que emoción, non é?
Estades ben guapos os dous!!!
MOitas apretas!!!

 
Ás 11:12, 18/11/07 , Blogger X dixo...

Non son quen de imaxinar o que se pode sentir ao ver que o teu fillo lle pon nome a iso tan grande que es ti para el.
Meta o momento na maleta das cousas boas.
Saúdos a toda a familia.

 
Ás 15:12, 19/11/07 , Blogger An dixo...

Éche ben grande meu, podes estar ben orgulloso, noraboa papapapapa :D Saudos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio