leoeosseus

luns, 5 de novembro de 2007

Uito



Uito é como lle chaman ó oito pola zona de Arbo e vén a conto porque queren que fale sobre oito cousas tres blogueiros: Oko, Pau e Rosa Enríquez. E haberá que lles facer caso porque senón chegan a ser oito os blogueiros que me invitan a facer o meme.

Eu non sabía de que oito cousas podía falar e matinando, matinando; podo falar dos oito países que me gustaría visitar e polo que. Podería falar de oito odios, oito quereres, oito animais, oito libros ou oito blogos pero hoxe decidinme por oito países.

De sempre me gustaron os mapas e a xeografía e cando me regalaron o atlas da foto durmía co el debaixo da almofada. Gustábame e gústame viaxar coa imaxinación e un mapa para min é un mundo para descubrir. Medrei e foron mudando os meus gustos e fun coñecendo algo do mundo que me rodea pero aínda quedan oito países que me gustaría visitar.

1 . Australia: sempre me chamou a atención pola súa fauna e os aborixes australianos. Tamén porque son parte das nosas antípodas.

2 . Rusia: a súa grandeza e diversidade de paisaxes e xentes é un imán para min. Facer a rota transiberiana non ten prezo.

3 . Xapón: é un país relativamente pequeno pero cheo de personalidade e os xaponeses que coñecín son mui agradables. Ata hai xente como masashi: un xaponés con alma galega !.

4 .O Cono Sur: xa sei que non é un país pero Arxentina e Chile serían imprescindibles para visitar e disfrutar. A illa Chiloé téñoa idealizada coma unha irmá de Galicia.

5 .Canadá: outro país grande que quixera percorrer nas súas grandes extensións despoboadas.

6 .Grecia: este pode considerarse o país máis asequible pola proximidade. O que me chama deste país é o seu mar e a súa historia que é a precursora de gran parte da nosa cultura.

7 .Brasil: outro país grande con paisaxes irrepetibles que fan del un mundo variado e vivo.

8 .Costa Rica: temos unha amiga que fala del marabillas e cun falar que é de conto. O que di e o que sei do país ( que non ten exército ) fan del un paraíso para o meu entender.

Xa sei que hai máis países e que quedan atrás pero a escolla é difícil e algúns tiñan que quedar relegados.

E pásolle o relevo a paidovento, Manolo Busto, a Mr. Tichborne, Nébeda, Peke, Mer, la abuela Cris e Vanessa de Santiso.

Xa sabedes: hai que escribir de oito cousas, as que queirades; e logo embarcar a oito " vítimas " para que falen sobre outras oito.

PD: Tamén a Rifenha me embarcaba no meme.

PD 2: E xurxocimadevila atacaba.

Etiquetas: ,

17 comentarios:

Ás 00:10, 06/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

unha lezón de xeogafía no seu meme paideleo

 
Ás 00:22, 06/11/07 , Blogger oko dixo...

rusia tamén está entre as miñas prioridades, e creo que de primeira.
polo que respecta a costa rica, nunca tiven unha opinión formada sobre ela, pero este ano coñecín unha rapaza dalí e o que dixo fíxome pensar: "si, todo o mundo sabe que costa rica non ten exército. pero iso non significa que vivamos en paz"

un meme ben interesante!!!!!

 
Ás 00:32, 06/11/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Xa me convidara Mario do Porto dos Escravos. Que fago? Dous posts? Xa me está dando traballo dabondo facer un!
Pois iso, marrón aceptado! E que viaxe vostede moito!

 
Ás 00:33, 06/11/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Esta noite quedo pensando A.Cris

 
Ás 01:30, 06/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Estes memes servem para nos irmos conhecendo melhor.
Um abraço

 
Ás 03:06, 06/11/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Hai que ver que pequeno é o mundo :-) Espero que hoxe poda rexistralo comentario. Non sei que me pasa que ando manco e con solta.
Saúdos Pedriño e seguir soñando.

 
Ás 03:07, 06/11/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Pois hoxe si...

 
Ás 09:50, 06/11/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Graciñas polo convite. Ando pouco inspirada pero o antes que poida hei responder.
Gustáronme moito os teus países.
Agradécese o calor das túas visitas á Lareira.
Apertas!

 
Ás 09:57, 06/11/07 , Blogger Mer dixo...

unha vez aceptado o reto do meme publiqueino aquí: http://mer-falamos.blogspot.com/

un saúdo

 
Ás 10:16, 06/11/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

debo darche as gracias por lembrarte de min ou confesar que é unha putada?...XD. Fareino, claro que si. Pero dáme un tempiño.


Un bico

 
Ás 10:40, 06/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Convite aceptado. Poñereime.

 
Ás 16:56, 06/11/07 , Blogger Pau dixo...

Pois xa nos contaras si algun día vas a esos sitios.Si toca unha boa loteria ata se podería pensar en ir a esas 8 maravillas

 
Ás 23:59, 06/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Xa está aceptada a invitación e correspondida. Grazas polo percorrido de países aos que nos levaches. A min como me gustaría ir calquera lugar do mundo, tamén os teus estarían entre os meus favoritos. Apetezo máis o mundo occidental pola seguridade, senón incluiría Exipto, Palestina, Siria, Xordania, Irak...
Saúdos

 
Ás 18:10, 07/11/07 , Blogger Mer dixo...

Eu sempre quixen ir a Reykjavik (Islandia), mesmo hai 3 anos case, case vou, faltou a decisión á ultimísima hora de outra persoa. Vou tratar de cumprir este desexo dentro do próximo lustro.

 
Ás 00:03, 08/11/07 , Blogger La queue bleue dixo...

Uito nom só se di em Arbo e em Arbo nom só se di uito ;)
E daquela já nos dirás algum dia como se di 8 em ruso, quechua, grego, etc. :P

 
Ás 10:18, 11/11/07 , Blogger Ghanito dixo...

Fixeches mal en non agadar que te convidaran uito blogueiros, non ía tardar moito! :D

 
Ás 03:18, 21/01/10 , Blogger Antón de Muros dixo...

Moi ben, paideleo.
Todo galego ten que coñecer Arxentina ;-)

Unha aperta.

Antón.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio