leoeosseus

domingo, 27 de xaneiro de 2008

Dezaséis meses


O naipelo chega hoxe aos dezaséis meses feito este mozote da foto. Muito cambiou dende esta outra foto feita no mesmo lugar... Agora é dono de oito dentes e unha moa e algún flemón enorme. Camiña mui ben e bota algunha carreiriña. Encántanlle as escaleiras e hoxe subiu os seis pisos do edificio coma un machote mentres o pai se cansaba e o Colín botaba a lingua de fóra que derreaba o pobre do can. Para baixar xa é máis difícil e hoxe levou un tombo e fastidiou un pouco un beizo. O de falar aínda non se dá soltado en case nada intelixible anque pasa muito tempo falando extraterrestre.
E así vai o Leíño.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 22:33, 27/01/08 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Que bonito se ve!
O meu sobriño falaba extraterrestre tamén ata hai uns meses (xa case ten 2 anos). Pregúntome se sería o mesmo extraterrestre e os dous poderían entenderse.
Que siga todo ben

 
Ás 23:27, 27/01/08 , Blogger Torreira dixo...

Este rapaz si que é unha regalía.Apertas

 
Ás 00:08, 28/01/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que lindo está seu filho, amigo. E tem um olhar tão feliz que dá regalo olhar. Parabéns para si e sua esposa.
Um abraço

 
Ás 01:47, 28/01/08 , Blogger moucho branco dixo...

Deus está feito un rapazolo, mimadriña como pasa o tempo, :S

 
Ás 08:56, 28/01/08 , Blogger Arale Norimaki dixo...

Parabens ao Leo e aos proxenitores por esa delicia de pequecho que trouxeron a este recuncho da galaxia. Da gusto miralo!

 
Ás 09:19, 28/01/08 , Blogger A Conxurada dixo...

Ese neno cada día está máis juapo, nunha destas téñome que poñer coa fábrica de nenos, ben de nenas, e se iso presentámolos que igual ata se gustan e todo.

Biquiños

 
Ás 11:57, 28/01/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa non ten lorzas e o seu sorriso parece máis luminoso.

 
Ás 13:29, 28/01/08 , Blogger Ana dixo...

Está hermosos, en la foto mas antigua estaba mas rechoncho.
Te veo un papá muy babosiño, es el primeiro o tens mais?
Eh, que babosiños estaremos sempre, con o primeiro o con o ultimo,jejej

biquiños

 
Ás 15:50, 28/01/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa non te fai falla o ximnasio pa poñerte en forma, ge, ge, ge...
Ten os teus ollos, pero penso que o resto da cara e de Ana.

Biquiños.

 
Ás 21:39, 28/01/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Está feito un machote. Medra a ollo.

 
Ás 11:03, 29/01/08 , Blogger Mer dixo...

Que bonitiño está o leo, ten un sorriso ben fermoso.

Unha apertiña

 
Ás 14:49, 29/01/08 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Boas!
pois si que vai tempo que non vexo a Leo, que xa o vexo feito un grandullón.
kiños

 
Ás 16:57, 29/01/08 , Blogger Unknown dixo...

Un pide, primeiro, que un neno agrome no ventre.

Despois, que naza sano.

Despois, que medre forte e que vaia desenrolando a súa innata intelixencia.

Despois, que se convirta nun home xusto, honrado, bo. Que atope un/unha compañeiro/a de camiño que teña unha traxetoria vital semellante.

Que unha semente agrome no ventre.

 
Ás 20:45, 29/01/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Carai, como se parace o Leo foto ó ó seu papá.
Polo menos nas fotos.

 
Ás 21:54, 29/01/08 , Blogger Pau dixo...

Que Mofletiños!!!

 
Ás 00:07, 30/01/08 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos de parte do Leíño.

 
Ás 22:49, 30/01/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Vai ser bo mozo e políglota, mira que aprender primeiro o extraterrestre antes ca o galego!
Apertas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio