leoeosseus

mércores, 30 de xaneiro de 2008

Parabéns



Chegar a unha idade avanzada ten o seu mérito e require de sorte. Non é tan doado. Porque a vida non é un conto de príncipes azuis senón de xente do común que está farta de traballar cando chega aos corenta, con sorte, por unha miseria e en malas condicións.
E, como exemplo, poño esta foto onde saio eu e máis uns veciños hai xa uns aniños. Todos demos chegado aos vinte. Os trinta xa non o celebramos todos e foron menos os que sopraron corenta candeas nunha torta. Accidentes, drogas e suicidio acabou con varios deles antes de poder arrolar un fillo seu no colo. Dalgúns non volvín saber e mesmo o que está detrás da cámara foi ilegalmente aos EEUU e non volveu.
En fin, que hoxe non quero dramatizar e o que si quero é darlle os meus parabéns a Paidovento e tamén a Castelao que estaría de aniversario tal día coma hoxe se seguise entre nós. E que siga a conta, Paidovento.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 22:44, 30/01/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Jorge Manrique foi quen mellor reflexionou sobre a fugacidade da vida. É iso, un paso rápido e curto.
A min sucédeme igual que a ti, xa non estamos todos os que nos poñiamos nas fotos: accidentes, cancros...

Si, é unha sorte seguir adiante e poder abrazar os fillos. E un lamento de dor escápasenos coa lembranza dos amigos que xa non están connosco.
Apertas.

 
Ás 00:15, 31/01/08 , Blogger Ana dixo...

Creo que a todos nos falta alguién, y cuantos mais años temos,peor. Ademais los que tenemos los cuarenta ( me faltan 3,eh), tenemos amigos mortos pola droga, unos cuantos de acidente y otros de enfermedades várias.
Mi madre de vez en cando me chama y dime que moreu fulano o fulana,y sempre recordo ao pai da miña filla mayor,que está en Portugal, y que moreu de acidente cando ela tiña 1 año.

Biquiños

 
Ás 11:37, 31/01/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Éche a vida.

 
Ás 16:10, 31/01/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Uma bonita homenagem aos seus amigos desaparecidos. A vida é assim. Uns nascem e outros morrem, por muita saudade que nos deixem.
Um abraço

 
Ás 22:12, 31/01/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Moitos foron quedando atrás...Temos sorte de seguir contandoo, e intentar que os que veñan despois sepan das cousas que poideron ser e non foron. Melancolía

 
Ás 22:19, 31/01/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

De cando en vez, vennos ben lembrar ese tipo de camiños andados. E compañeiros que tivemos nel. Tamén eles forman parte de nos.

Xa o dixo peke: c'est la vie

 
Ás 22:25, 31/01/08 , Blogger torredebabel dixo...

moita razón leva Ana, a todos fáltanos alguén. O caso é que cando é xente nova inquiétanos máis, tanto porque é contra a natureza como porque é xente do noso tempo. É cousa de mérito e de sorte. Tes toda a razón, Paideleo!

 
Ás 22:57, 31/01/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu vou falar do teu peiteado, gañaches moito co cambio, do outro que podo dicir, asi e a vida, uns desaparecen e outros como o Leiño empezan o seu longo camiño, mais agora que nunca, pasiño a pasiño...
Moitos bicos.

 
Ás 23:18, 31/01/08 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polas vosas palabras.

Co este posteo quería expresar a rabia que me deu oíndo a un de sangue azul que estaba de cumpreanos e que dicía que tiña gañas de traballar. Deume rabia porque el non sabe o que é traballar duro e buscarse a vida día a día.
Pido perdón se me saiu triste ou deprimente. E xa me pasou a rabia esa.

 
Ás 23:30, 31/01/08 , Blogger mamiago dixo...

Pois queres saber que xa me parecía a mín que ia por o do príncipe, jajajajajajaja. E pensar que a letizia e mais nova ca min e casou con él... vaia partido jajajajajajaja, vou ter que buscar un así para que me saque de traballar ahhahahahahah!

 
Ás 12:33, 01/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Esta mañán leía ao espertar unha frase que quero compartir contigo " NAS NOSAS VIDAS NON HAI UN DÍA SEN IMPORTANCIA".
Felicidades, Pedro. E ante o desasosego das cousas da vida, moita reflexión.

 
Ás 18:58, 01/02/08 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

a pesar de todo, eu penso que a vida é un recuncho fermoso no que paga a pena estar, aínda que amargue botar o pé fóra ás mañás para saír ao día. Xa o dicía Mafalda: "cómpre moito valor para baixar ao mundo", nunha viñeta na que aparecía sobre a cama.
bicos, paideleo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio