leoeosseus

mércores, 9 de xaneiro de 2008

Tirizó



Eu non acostumo atinar coa xente. Fago a miña presuposición sobre unha persoa e non atino. Poño un exemplo. Hai un compañeiro de choio cachas, guapiño que eu pensaba que era un chuleta. Pero eu estaba errado. O tal compañeiro é alegre, canta ben ( presentouse para unha Operación Triunfo e chegou a estar clasificado en Galicia ) e é un cacho de pan que rescata gatiños abandonados e déixaos durmir na súa cama. E hoxe apareceu cun ollo tapado que pode ser dun tirizó ou turubelo e din as malas linguas que os tirizós saen por ver a unha muller embarazada de forma libidinosa. Eu vou atinar desta vez e vou dicir que o tirizó do compañeiro apareceu de forma natural.

O debuxo é dun tal Leo Ríos.

Etiquetas: ,

18 comentarios:

Ás 13:10, 09/01/08 , Blogger torredebabel dixo...

que cousa molesta molesta!!!! eu levo tempo sen ter un deles e dende logo que non os boto en falta! A pregunta, claro, é que pasa coas mulleres? por qué temos tirizós? ;-))

 
Ás 16:30, 09/01/08 , Blogger Veloso dixo...

Xa había ben tempo que non oía esa fermosa palabra: tirizó. De feito, creo que andaba esquecida por algún baúl da memoria.
Por certo, sobre o post anterior, cóntoche unha anécdota da miña prehistoria. No 1994, presenteime a un concurso de karaoke, en Celanova. Os meus amigos dicían que cantaba ben e animáronme. O malo foi que o día do concurso púxenme moi nervioso e só conseguín estragar por completo a cantiga "América, América", de Nino Bravo. Que tempos!

 
Ás 16:56, 09/01/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Es un home sabio.

 
Ás 17:20, 09/01/08 , Blogger tangaranho dixo...

Nom me estranha, as mulheres grávidas tenhem um aquele inexplicável, mas irresistível...

 
Ás 17:39, 09/01/08 , Blogger Berta Helena dixo...

Li e achei graça. Fez-me bem.

Um abraço.

 
Ás 17:41, 09/01/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu creo que si atinas coa xente. O que che sucede é que ao principio mentres non os coñeces baséaste na pinta. E as pintas ás veces non cadran coa realidade porque estamos afeitos a crearmos estereotipos. Iso si, nos estereotipos case nunca aparecen tirizós.
Saúdos

 
Ás 19:38, 09/01/08 , Blogger Mer dixo...

probes guapos

un home guapo é un chuleta e unha muller fermosa e rubia unha aparvada

este post recórdame a reivindicación do arxentino feo ese, non o vin pero ten que ser feo, que pide ao governo arxentino que aprobe un imposto para os guapos que subvencione aos feos

baséase en que para os guapos todo na vida é máis doado

oe, con kichner non o levaba moi mal...

 
Ás 19:52, 09/01/08 , Blogger Fada Branca dixo...

As primeiras impresion non sempre atinan

 
Ás 21:50, 09/01/08 , Blogger Caracoliños de Isamil dixo...

Mira que non é bo iso de prexulgar a xente polas "pintas", pero ás veces non se pode remediar... Eu non sempre acerto tampouco (gracias a deus)

 
Ás 23:20, 09/01/08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Certo, non se pode xulgar polas pintas, a maioría das veces érrase.
Pero as veces deixámonos levar e ....prexulgamos.
Unha aperta.

 
Ás 04:11, 10/01/08 , Blogger Mario dixo...

Pois eu creo que tampouco será por iso. Hai que ver a graza que ten a cultura popular!!!

 
Ás 10:58, 10/01/08 , Blogger Berta Helena dixo...

Claro que tens razão. E obrigada pela chamada de atenção. Claro que foram mais de 25 MIL toneladas. Já corrigi o texto.

Grande abraço.

 
Ás 11:06, 10/01/08 , Blogger Berta Helena dixo...

Sou eu mais uma vez. Esqueci-me de te dizer: sim, aquela é a bela praia do Porto Santo. Quase 9 Km de areal dourado.

 
Ás 11:53, 10/01/08 , Blogger Rui Caetano dixo...

POr vezes, a pele não conrresponde ao sangue. Temos de ter muito cuidado com as aparências do mundo para não termos surpresas.

 
Ás 18:49, 10/01/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Nos chamamoslle orzón.

 
Ás 21:48, 10/01/08 , Blogger besbe dixo...

a min coma a veloso gústame moito a palabra tirizó, anque moito menos ter un.

Falando doutra cousa, podíasme mandar un correo acedre, quería falar contigo.bicos.

 
Ás 23:04, 10/01/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois aquí chamámoslle tirizolo e contan que sae de...cagar nun camiño.
(Sinceramente, eu prefiro ser alevosamente libidinoso).

 
Ás 15:52, 12/01/08 , Blogger Pau dixo...

Pensa mal e adiviñaras, casi nunca soe fallar, ¿ou si?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio