leoeosseus

mércores, 27 de febreiro de 2008

Dezasete meses




Hoxe o naipelo fai dezasete meses e podes ver na foto que ten bastante autonomía e que lle gusta fuchicar nos caixóns. Tamén lle gusta mirar DVDs de nenos cantando e xogando e baila dando voltas. Logo adícase a pasar páxinas; hai meses collía un dicionario enorme de alemán pero agora gústalle a revista do IKEA. Tamén lle gustan os contos con debuxos e fotos. Hai un de animais e eu fágolle os ruidos para que repita pero el só repite o ruido das abellas. O ruido dos coches sabe facelos así como o de auga que se bota dunha botella ou dunha billa aberta. De falar non quere saber nada e fala coa boca fechada. Se lle preguntas onde están as cousas sinálaas cun dedo pero hai veces que dubida entre papá e mamá e eu estou contente pola parte que me toca. Cando quere auga di " a " e ao Colín chámao " i ". Outro xogo que lle gusta é o de meter e sacar cousas dun sitio e facer torres. Pola noite dorme dun tirón por fin e apenas dorme sesta despóis de xantar e xa non quere que o arrolen para durmir. Dá bicos cando quere e despídese coa man tamén cando quere. Segue tomando teta polo menos dúas veces ao día e gústalle probar comidas novas e sentarse na mesa cos maiores. Rilla pan e galletas pero ponos verticais e logo ten que comer de lado ata que chega aos dedos e cabréase e tira todo.


E aquí deixo outra foto con cara de non romper nada.


Etiquetas:

22 comentarios:

Ás 08:26, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Está feito un mozote, e por riba guapo, ¿a quen sairá?...
Isto faime lembrar as cousas bonitas que ten a primeira infancia e como aprenden día a día un feixe de cousas. Lembro que Uxía, con esa idade, atopou un día un asubío de Xesús e despois deulle por andar a gatas pola casa co asubío na boca e soprando sen parar. Eva.

 
Ás 11:42, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Está impresionante con ese peto de camioneiro. ;) Só lle falta a camiseta sen asas para ser tal.

 
Ás 13:03, 28/02/08 , Blogger Unknown dixo...

Incrible.

Que intelixente e fermoso picariño.
Que se prepare o mundo.

 
Ás 16:22, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Miña nai, que grande está, como pasa o tempo, gustaríame velo en acción, sobre todo co das galletas.
Bqñs.

 
Ás 16:33, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

O da economía lingüística ("a" para auga e "i" para Colín) creo que xa lle vén por parte de nai, verdade "Pe"?

 
Ás 19:57, 28/02/08 , Blogger Ana dixo...

Que guapo está!!
Xa non para,eh?
Habería que ir pensando nunha hermanita,non? Leo está na idade ideal.

Bicos

 
Ás 20:58, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

está xenial ese rapaz, agora a coidar o que colle e a aonde da chegado :-)

 
Ás 23:11, 28/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa vai feito un mozo. E con esa pose de formaliño...

 
Ás 00:32, 29/02/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Vese xa medio mozo, dono dun argot económico e especialista en baleirar caixóns.
Dá gusto velo medrar sen coñecelo en persoa.
Unha aperta.

 
Ás 01:02, 29/02/08 , Blogger T S dixo...

adorei seu blog
convido vc para atrevessar a fronteira e fazer parte da lusitana ilusao
espero que goste
ts

 
Ás 11:35, 29/02/08 , Blogger Mer dixo...

Que grande está e que bonito!! moi boa a foto da cara de non romper nada, está graciocísimo.

Biquiños.

 
Ás 12:37, 29/02/08 , Blogger Fada Branca dixo...

Que lindiño que está leo por Deus

 
Ás 23:34, 29/02/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Lembra, meu amigo, que así de pequeniños dan ganas de comelos; logo despois cando medran, daste conta do erro que comenteches de non telos comido!!!

Está feito un mozo.

 
Ás 00:48, 01/03/08 , Blogger paideleo dixo...

eva: graciñas polo de guapo. O Leo ten das dúas familias...así que haberá algún guapo, digo eu.
peke: así xa ves unha foto do Leo cun peto.
mariola: o Leo vai indo.
chelo: calquera día probamos a quedar.
paidovento: non pensara niso; pode ser.
ana: o da hermanita hai que pensalo e repensalo.
kaplan: hai que ter ollo co el, si. Na foto xa se ve que hai unhas portas cun seguro antinenos...pero nunc se sabe...
iria: hai veces que parece maior do que é como cando queda coa mirada perdida como matinando.
busto.agolada: quen sabe ?. O día menos pensado poderemos coñecernos.
t s: graciñas. Agora vou traspasar a fronteira.
mer: grande si que é e saiu simpático na foto.
fada branca: eu opino o mesmo.
chousa da alcandra: mui bo, ha, ha.

 
Ás 14:39, 01/03/08 , Blogger Bea dixo...

Oh!!! á foto lembrame a unha que teño de cando meu irmá era pequeno, na que acababa de ir a rillar nun chourizo, e logo para a foto puxo cariña de dicir: eu non fun.

DE pequenos amosan interese por unha morea de cousas, máis cando van crecendo o van perdendo e so se interesan polos videoxogos... Desfruta desa etapa que é a mellor! Un saúdo!

 
Ás 18:13, 01/03/08 , Blogger Pau dixo...

Que cariña de golfo está collendo o Leo.

 
Ás 21:20, 01/03/08 , Blogger oko dixo...

que gusto dá miralo! eu teño unhas ganas de que naza o meu sobriño...!!!

 
Ás 22:03, 01/03/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E que lindo está seu filho amigo.
Sabe que olhei para ele e me deu um saudadede meu Pedro, quando era menino? É que o meu também era assim moreninho e lindo. Mas já está com 28 anos e casado.
Bom Domingo.
Um abraço

Boa tarde amigo. Acabaram de me deixar um aviso de que estão a enviar vírus para os blogs. Diz que é um comentário que tem escrito Here, Não tente ver quem é delete imediatamente se lhe aparecer.
Não sei se é verdade, mas mais vale pevenir...
Um abraço

 
Ás 05:00, 02/03/08 , Blogger María M dixo...

Pois sí, o da irmanciña non estaría nada mal, eh?

Por certo, hoxe lembreime de
como comezara todo alá nos EEUU e agora que tou no estranxeiro pregúntome se botarei moito de menos isto. Pensas moito naquel tempo?

 
Ás 10:53, 03/03/08 , Blogger vermella dixo...

precioso rapaciño,a cara de pillabán que ten delata a súa curiosidade.........
Esta etapa de falar sin palabras ou con sílabas é moi graciosa,cóntoche unha anécdota do meu fillo cando tiña dazaoito meses,un día na cociña empezou a sinalar para a neveira decindo"lulú coca",eu non entendía e el a berrar máis forte,quería decir iogur de chocolate.
bicos para os dous.

 
Ás 14:04, 03/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Bastante autonomía para un rapaz. A este paso deseguida se poñera a postear cousas que fai o seu pai :-)
Bicos para os dous.

 
Ás 21:35, 06/03/08 , Blogger torredebabel dixo...

canto lles gusta aos nenos fuchicar nas cousas da cociña!!! Santiago, ainda con 3 anos, mete a man nos caixons por ver se atopa algunha desas cousas raras e sorpresivas que toda cociña agocha ;-)
Apertísimas a Leo!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio