leoeosseus

mércores, 13 de febreiro de 2008

Mimosas


Onte tiven que ir a Ourense e o camiño soleado estaba abeirado de mimosas florecidas. Son unha praga, xa sei, pero este amarelo de cedo aleda o corazón e máis se vén con boas novas engadidas.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 23:38, 13/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Déixasnos intrigados. Xa contarás...

 
Ás 00:12, 14/02/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Pois eu hoxe fun a Santiago eno val do Ulla a súa presenza dáballe cor á paisaxe agostada. Hai cousa de dúas horas fun á casa dun amigo e alí puiden deleitarme co recendo das que campaban nunha pola que sobresaía doi paraugueiro do portal.
Son fermosas, aínda que íncen de máis.
Unha aperta.

 
Ás 09:22, 14/02/08 , Blogger A Conxurada dixo...

Encántame esta época por como están os montes...todos amarelos.

 
Ás 12:28, 14/02/08 , Blogger Mer dixo...

Praga sí, oxalá tódalas pragas fosen así.
E logo que boas novas temos?
BKS

 
Ás 18:07, 14/02/08 , Blogger Ana dixo...

A ver, estamos todos na mesma...que boas novas son?

Non iras a ser papa de novo....

Bicos

 
Ás 20:18, 14/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

O leo agora xa precisa dunha irmá :-)
Ai Pedriño, non era mala nova para un día rebosante de amor coma hoxe.
En canto as mimosas entereime estes días que eran orixinarias de Australia, tampouco sabía que podían chegar a ser unha praga.
Apertas.

 
Ás 21:19, 14/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Nótase que vostede non padece alerxias.

 
Ás 18:19, 15/02/08 , Blogger torredebabel dixo...

son fermosas. Non sabía que fosen unha praga pero iso non cambia o asunto: son fermosas.

 
Ás 02:49, 16/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

as mimosas son do máis evocador. lémbranme aos ramiños da infancia, aos arrecendos de tempos indelebles.
unha aperta
bea (toxomar)

 
Ás 19:56, 23/02/08 , Blogger Meiga en Alaska dixo...

Me encantan las mimosas, y hace tantísimos años que no las puedo disfrutar... Recuerdo llenar mi casa de ellas hace años, ese olor tan característico... abrir la puerta y sentir que se nos habia colado la primavera hasta dentro de casa...

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio