leoeosseus

luns, 4 de febreiro de 2008

Desta non puido ser



Hoxe luns queriamos ver a comparsa Colores pero non puido ser. Había cousas que facer e o tempo tampouco animaba. Terá que quedar para outra ocasión.

Na foto estamos Leo máis eu o sábado. O Leíño non o pasou mui ben que tiña medo de tanta xente e tanto ruido.

Ah, case o esquezo. Viñeron dúas nenas veciñas disfrazadas de demo pedindo pola porta e dixeron: " Trato o truco ? ". Case me dá algo.

Etiquetas: ,

15 comentarios:

Ás 00:44, 05/02/08 , Blogger Milego dixo...

Gracias polo consello ;) Facendo caso del fixen un pouco de oco e vou ir ata O Hío mañá a disfrutar dos carnavales! :D:D

Pasádeo ben!

 
Ás 02:02, 05/02/08 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Ai, mimadriña! "Truco ou trato"? Non deixes que o Leo vexa tanta peli americana e se bote a perder, ti que aínda estás a tempo... Sen comentarios...

Ah! Moi guapos os dous! Quédalle que nin pintado o disfrace ó Leo.

Biquiños!

 
Ás 02:36, 05/02/08 , Blogger ictioscopio dixo...

mimadriña tamén! nos meus tempos non dabamos opcións, todo era: queremos filloses! :D

 
Ás 09:19, 05/02/08 , Blogger Mer dixo...

Trato o truco? A mín dixéronme o mesmo unhas veciñas que viñan disfrazadas de zombis ou algo así o 1 de novembro. Mira que non teremos nós tradicións de sobra para seguir, en fin...

Pois eu estiven facendo filloas nunha sartaña da miña avoa, tampouco fun ver as comparsas porque estou un pouquiño griposa.

Estades ben divertidos.

Bicos.

 
Ás 13:15, 05/02/08 , Blogger Pau dixo...

Pois si que estades graciosos os dous. Eu de pequeno ia de antruido pero eso do truco ou trato non o coñezo pero polo que leo e algo dos ianquix. O que nos faltaba

 
Ás 13:33, 05/02/08 , Blogger Unknown dixo...

Adoro o Entroido!! É a unica festa do ano que me gusta.

O principal problema que teño é que ninguén se quere disfrazar comigo, que carcas son os/as meu amigos/as...

Estades moi lindos os dous na retrata!

 
Ás 14:02, 05/02/08 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Penoso...
(vós moi guapos, eh!)

 
Ás 14:31, 05/02/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pois que bonito está o Leo de Palhacinho. Vejo que não é só em Portugal que as crianças aderem às americanices, e deixam de lado as tradições do seu país. Aqui eu ainda sou do tempo do entrudo, em que o Carnaval se brincava nas ruas, com muita alegria, com os homens vestidos de mulheres, e as mulheres de homens. Agora já não há nada disso Agora são desfiles de Carnaval, que mais parecem ser uma transposição do Carnaval do rio para a dimensão de Portugal.

No Coisas Minhas, tem um dia no Gerês. Se puder dê uma volta por lá. Vai gostar.
Um abraço e divirta-se

 
Ás 15:50, 05/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Aquí vin varios bebés disfrazados e non sei por que coincidencia estraña, a maioría ía de pirata.
Por certo, vós moy guapos. :)

 
Ás 20:10, 05/02/08 , Blogger Ra dixo...

Este Leo está para comérselo!
Abrazo, Pai.

 
Ás 20:36, 05/02/08 , Blogger torredebabel dixo...

pois que ben saides na foto!!!!! o do "Truco ou trato" é para facer unha denuncia por colonizacion ou algo asi! :-((

 
Ás 21:02, 05/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Aproveita mentras non se queixe...
Fai uns días díxenlle a minha cativa que o próximo fin de semana íamos a disfrazarnos os tres para sair e contestoume: "ni pensarlo, me harías sentir lo ridículo"
¡Carai coa nena...!

 
Ás 21:12, 05/02/08 , Blogger Berta Helena dixo...

Não gosto muito de brincadeiras de Carnaval. Mas acho giros os disfarces das crianças. Quando o meu filho era pequenino divertia-me muito a disfarçá-lo. O teu Leo está muito bonito nessa fotografia com o pai.
Reparei numa coisa engraçada: o Leo nasceu no mesmo dia que eu, muitos anos depois, claro. Mas somos ambos de 27 de Setembro. Um beijinho grande para ele.

 
Ás 16:31, 06/02/08 , Blogger Ana dixo...

Que pena que leo lo haya pasado mal, mi hija no parou de menear o cu durante las comparsas,jejeje

Besitos

 
Ás 08:30, 13/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Estades guapos, guapos!! En canto ao de truco ou trato é unha mágoa!!!! Moito cinema norteamericano facendo das súas!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio