leoeosseus

xoves, 10 de abril de 2008

Monte Castelo


Teño falado en varias ocasións de Vilaguindastre pero nunca falei do monte Castelo. Este monte érguese dominante sobre Vilaguindastre e, como di o nome, en tempos tivo un castelo nos penedos que os Irmandiños conseguiron derrubar. Hoxe perdeu o valor como punto defensivo e adquiriu o valor de pancarta xigante. Hai trinta anos tiña unha pintada que dicía: " SOLO CRISTO SALVA " e que durou un feixe de anos. Corría o rumor de que a escribiu un xitano como promesa que fixera a Cristo se salvaba á súa muller dunha enfermidade grave. Nese tempo tamén había unha pintada máis pequena que puña: " TE QUIERO ". Estas dúas pintadas xa desapareceron lavadas polo tempo. Cando foi o do Prestige apareceu un " NUNCA MAIS " do que o tempo borrou parte. E agora loce un " DISELO " inmenso do que a orixe é un misterio.
Unha cousa teño clara, quen escribiu iso fíxoo por amor, amor a unha persoa ou a unha terra, non sei; pero sei que é por amor.
Se clicas na imaxe podes ampliar a foto e ler a mensaxe.

Etiquetas: ,

21 comentarios:

Ás 10/04/08, 22:28 , Blogger Bea dixo...

Buf parece incrible... non oira falar das pintadas que había nel! agora estarei a noite pensando nunha historia tanto real ou subreal para ese ``Díselo''.

Un saúdo ;)

 
Ás 10/04/08, 23:02 , Blogger La queue bleue dixo...

Nom sabia que o nome desse monte era monte castelo, nem que em tempos tivera um castelo enriba. Sempre o conhecim polo de Beethoven ou o pianista ou assim. :) Claro que já imaginava que esse nom era o nome verdadeiro :P

 
Ás 10/04/08, 23:04 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Par que logo digan que as pedras non falan

 
Ás 11/04/08, 00:03 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fíxome lembrar unha pena que hai nun lugar de aquí, chamado "A Pena Grande" ainda que ésta nunca tivo pintadas nin mensaxes escritos.

 
Ás 11/04/08, 08:46 , Blogger Dña.Manolita dixo...

Carallu, carallu...Siempre hay algún cafre que "fastidia" buscando protagonismo.
Gracias por intervenir en mi espacio.
Saludos

 
Ás 11/04/08, 10:16 , Anonymous Anónimo dixo...

E diríalle o que lle tiña que dicir?

 
Ás 11/04/08, 15:27 , Blogger Unknown dixo...

Que terrible mensaxe!
Pode ser algo lindo ou algo malísimo. Escrito tan grande, nun lugar tan alto..., deber ser unha nova moi impactante, dun xeito ou outro.

Pregúntome o mesmo que Peke.

 
Ás 11/04/08, 20:57 , Blogger asbeirasdoarnego dixo...

non sabia eu dese monte hai moitos asipor Agolada pero non estamos tan tolos como para andar pintando neles, QUE SALVAXADA!!

 
Ás 12/04/08, 00:41 , Anonymous Anónimo dixo...

Boas! Graciñas polo teu comentario, alédame que gostases dos escritos.

Cada volta de Pontevedra cara Ourense vexo esa pintada na rocha e paso o camiño a imaxinar miles de historias.

Un saúdo!

 
Ás 12/04/08, 02:53 , Blogger TXARI dixo...

pois eu digocho a ti: menuda miragem a túa que che fai reparar no cotián elevandonolo á categoría de eventos!!!! reinvindiquemos a salvaciom da cotidianidade!!!

 
Ás 12/04/08, 23:06 , Blogger busto.agolada dixo...

Fermoso lugar, o bosque e os rochedos. Se eu fose un señor feudal tamén poñería un castelo nesa atalaia, mirando para Vilaguindastre, amo dos horizontes e dos vales.
As mensaxes das pintadas que puxeron tamén dignifican o lugar. Aínda que eu son da opinión que un promontorio rochoso coma este dene permanecer ágrafo no seu estado natural.
Estes días apenas navego por Internet e ando moi pouco nos blogs. Sigo no dique seco por mor do pinzamento de vértebras.
Unha aperta.

 
Ás 13/04/08, 01:32 , Anonymous Anónimo dixo...

Estiven hai pouco alí cos rapaces, e hai unhas vistas estupendas, que non se disfrutan porque tes que estar agarrando deles seguido.

 
Ás 13/04/08, 03:37 , Anonymous Anónimo dixo...

enigmático. habería que investigar a orixe e o significado desta mensaxe.

 
Ás 13/04/08, 14:06 , Anonymous Anónimo dixo...

Hei! Non nos podes deixar así. Que comece a investigación.

 
Ás 13/04/08, 23:27 , Anonymous Anónimo dixo...

A min particularmente gustame bastante mais a de "Te quiero", pode ser unha fermosa declaracion de amor, dun tolo por outro/a.
Pode ser unha manifestacion de principios vitais, a humanidade. Pode ser alguen que quere berrar ao mundo enteiro, que non quere odiar.....Non sei.
Pode ser que non sexa nada, e que o que o escribiu non sabia que poñer, pero que no cumio dos grafitis, so pensò duas palabras.TE QUIERO.
De calquera xeito, eu preferiria que o escibira nunha folla, e non nas paredes de pedra deste fermosisimo penedo.

 
Ás 13/04/08, 23:59 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parece ser um sítio muito bonito. Não admira que alguém num sítio assim sonhe com o Amor.
Boa semana.
Um abraço

 
Ás 14/04/08, 00:16 , Blogger Ana dixo...

Un poco enigmático,non?
Diselo...
lo veo un pouco siniestro,non me dá boa espiña!

Bicos

 
Ás 14/04/08, 18:35 , Blogger d´Agolada dixo...

Moi bonita a foto, a verdade é que o monte parece como máxico. Saúdos. Por certo, xa estás enterado do da xuntanza?

 
Ás 14/04/08, 23:38 , Anonymous Anónimo dixo...

Dende logo hai cousas nesta vida que non son fáciles de explicar. A verdade que para poder escribir ahí e toda unha hazaña.

Por certo, moi bonitiña a foto e a historia.

Biquiños.

 
Ás 17/04/08, 00:49 , Blogger paideleo dixo...

enmeigada: é bastante intrigante o " díselo ".
la queue bleue: pois ese é o nome. O de Beethoven é pola forma duns penedos que se ve nesta páxina.
http://arelacultura.blogspot.com/2006/04/mis-das-mis-pblico-mis-salas-mis.html
abueloscrisytoño: falan o que se lles conta.
chousa da alcandra: por aquí non acostuman a estar pintadas pero este monte si. Supoño que é pola localización.
dña. manolita: sempre hai xente que quere facerse notar, si.
peke: non sei. Xa tivo uns catro anos ou así para dicilo pero eu non sei nada ao respecto.
mariola: o lugar é mui visible e as letras han medir máis de dous metros de alto e hai que atarse para escibilas así que ten mérito a faena.
asbeirasdoarnego: hai de todo como en botica.
anuskinha: pois xa podes ir contando algunha. A min non se me ocorre nada.
txari: home, para min pode ser cotián pero calquera que estea de paso ha preguntarse polo significado da pintado. Bueno, eu faríao se vou a outro lugar e topo unha cousa así. Supoño que me pasarei de curioso.
busto.agolada: o bosque é de eucalipto sen maior mérito pero a situación é privilexiada a daí que se progiguen as pintadas que, de momento, van tando mensaxe polo menos.
paidovento: hai anos que non vou. A ver se me animo un día.
manel vázquez: é un enigma que calquera día quedará esclarecido...ou non.
a do outro lado: preguntarei por Vilaguindastre adiante. Máis non podo facer.
aopedofarelo: unha declaración de amor é un dos millores motivos para escribir. Supoño que para quen o escribiu alí arriba un papel era pouco.
elvira carvalho: na realidade non é tan fermoso o lugar pero si que dá para varios soños e historias.
mohikana: escribir aí ten o seu mérito e eu, por exemplo, non sería capaz. As letras medirán máis de dous metros de longo e cun ancho de medio metro e hai que estar atados para non caír. Vamos, que non é unha pintada chafalleira que pode facer calquera.


Graciñas atodos polas vosa palabras.
Se un día descubro o significado deste misterio fágovolo saber.

 
Ás 23/04/08, 13:56 , Blogger bouzafria dixo...

Para min sempre foi o monte Beethoven. Cada vez que ía de Vigo a Ourense, ou á volta, sempre, sempre, miraba cara ese monte, que ten algo como máxico.
Aínda me lembro da pintada hai anos de "Cristo salva", e eu alucinaba imaxinando como era posible facer un grafiti neses penedos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio