leoeosseus

luns, 4 de agosto de 2008

Fábrica dos soños



Quixo facer uns cartos e foi a Rio de Janeiro. Ollaba o Cristo redentor no Pao de Acucar e soñaba con volver á súa terra e facer un Cristo redentor no xardín. Este soño dáballe azos para traballar máis e máis no mundo da construción. Pasou o tempo e o negocio da construción en Brasil permitiulle o salto para a súa terra onde construiu e construiu. Mercou un almacén á beira do mar e transformouno nun macrochalet cun xardín fermoso e chantou un Cristo redentor de máis de cinco metros ( fíxate na foto á esquerda que hai un señor curioseando ). Á súa nova posesión non puido bautizala máis que co nome " Fábrica dos soños ".

Este é o monumento curioso na praia de Arcade.

Etiquetas: , ,

12 comentarios:

Ás 05/08/08, 11:05 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Fico sem palabras! :O
Abraiante

 
Ás 05/08/08, 11:36 , Anonymous Anónimo dixo...

que deus me perdoe, pero dan ganas de crucificar ao dono. xesús!

 
Ás 05/08/08, 13:11 , Blogger A Conxurada dixo...

A min dáme medo.

 
Ás 05/08/08, 18:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Xesús!ese voltou máis pallá que paca.

 
Ás 05/08/08, 19:30 , Blogger Carlos Sousa dixo...

No Porriño tamén hai un Bon Xesús no tellado dunha casa, así como que moi estrafalaria, con bandeiras e outras cousas raras.
Chama a atención, ese que mostras non o coñecía.

 
Ás 05/08/08, 23:11 , Blogger Bea dixo...

Menuda historia, é certa? eu nunca poría iso no xardín da miña casa a verdade... ;)

 
Ás 06/08/08, 10:13 , Blogger LM dixo...

ala vai!!!!

 
Ás 06/08/08, 14:23 , Blogger insomniorizar dixo...

joer co cristo, unha horte..., unha provocación, unha demostración de ter un ego coma un...pero o peor de todo...e q acompañe todo isto dese nome. a fabrica dos soños!
mimadriña.

A por certo bonita cor azul para un portal!

 
Ás 06/08/08, 19:37 , Blogger Suso Lista dixo...

Hai hente pa to, que deciría aquel outro.

 
Ás 06/08/08, 20:12 , Anonymous Anónimo dixo...

Atoparse con iso debe ser toda unha experiencia.

 
Ás 06/08/08, 23:30 , Blogger busto.agolada dixo...

Se o motivo que o levou a erguer este monumento alóctono fose unha profunda relixiosidade, sería desculpable. Mais temo que sexa outro expoñente da chafallada anacrónica que percorre con demasiada frecuencia as catro esquinas deste país periférico.
Saúdos.

 
Ás 07/08/08, 10:33 , Anonymous Anónimo dixo...

Esa fotot, e máis a do canastro abafado, poderíanse incluir nun catálogo sobre o delirio arquitectónico da Galicia contemporánea. A primeira noticia que tiven do Cristo ese de Arcade foi nunha foto que un amigo sacara co móvil, e non daba crédito... pero somos así.
¡Unha aperta!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio