leoeosseus

martes, 25 de novembro de 2008

R. Fogheiras



O día do magosto fixen a foto esta onde Leo " chocaba " contra unha árbore e se mira un canastro no fundo. Ese canastro fíxome lembrar a R. Fogheiras porque pasou noites durmindo nel cando o botaran da casa. O Fogheiras non era mal rapaz. Tiña un aire de gnomo ou trasno porque era pequeno, con pencas e cando sorría rasgaba os ollos e ata semellaba que se lle afiaban as orellas. Era puro nervio e un tolo polo lume e de pequeno facía fogueiras con todo e a todas horas e de aí lle quedou a alcumada. El deume a coñecer o grupo asturiano de agrorock Los Berrones e comigo sempre se portou ben. Coñeceu a droga, afundiuse nela e chegoulle o final unha vez que abusou dela.
Deixo este posteo en lembranza del neste día de nortada fría.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 00:19, 26/11/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Por esa costa Leo necesita que alguén lle arranxe os freos.
¿Que tal Ana? Un biquiño da nosa parte para ela.

 
Ás 09:26, 26/11/08 , Blogger X dixo...

É curioso que tan en silencio matamos aos que se foron así. Cousas da condición humana. Saúdos para toda a familia.

 
Ás 09:46, 26/11/08 , Blogger Eavesdropper dixo...

Que forma tan bonita e literaria de lembrar a alguén... Saúdos dende Andalucía.

 
Ás 12:30, 26/11/08 , Blogger An dixo...

unha magoa, por desgracía coñezo am oita xente que rematou dese xeito. Saúdos e apertas meu :) Grazas polas tuas visita

 
Ás 14:27, 26/11/08 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Cántos quedaron polo camiño!!
Un bico *

 
Ás 20:04, 26/11/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que o Leo manexa o cochiño con certo arte. Para a próxima xuntanza en Agolada xa turra él de seu pai e de sua nai polo sobreiral arriba!!!

 
Ás 20:53, 26/11/08 , Blogger Cuspedepita dixo...

Gustoume moito a forma en que escribiche esta historia do Fogheiras.
Bicos para ti e os teus.

 
Ás 23:13, 26/11/08 , Blogger Raposo dixo...

Tenra lembranza, todos coñecemos algún caso de xente que se quedou polo camiño.
Simpáticos e festeiros Os Berrones: fun a algúns concertos seus nos 90. Non sei que será deles aagora.
Apertas.

 
Ás 23:49, 26/11/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois é unha pena, foron moitos os que caíron dese xeito.
Polo demáis, esa foto é no monte da Risca? eu estiven un par de veces alí e non teño ningún recordo de un canastro. Uff, que mal, xa non me lembro.

Un saúdo.

 
Ás 00:02, 27/11/08 , Blogger Antón de Muros dixo...

As tardes frías do outono son especiais para lembrar tempos pasados.

Cando lembras a alguén que xa non está podes facer que, dalgún xeito, estea preto do teu corazón.

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 15:27, 27/11/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Houbo xeracións nas que as drogas fixeron estragos, por sorte non foi a miña, aínda que tamén tivemos algún funeral.

Los Berrones viñeron unha vez pola miña terra, xa fai anos, non recordo, sei que non os coñecíamos e só tatareábamos o Nun lles ti ...

Teño os autógrafos, jeje.

 
Ás 17:53, 27/11/08 , Blogger LM dixo...

berrones! mi madrinha! vou ver se ainda posso resgatar algo da caixa do trasteiro...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio