leoeosseus

xoves, 26 de febreiro de 2009

O Leo aprendendo


O outro día sorprendeume o Leo contando ata cinco nun libriño para aprender a contar. Pareceume un feito case máxico porque paréceme aínda cedo para iso. Non sei.
O que é verdade é que é curioso e quere saber os nomes de todo o que mira e unha das súas novas afeccións son os contos dos pitufos e aí estou eu inventando nomes de pitufos. Iso si, espero que non aprenda a escribir con Gargamel porque escribe nun frasco " bava " de sapo.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 23:40, 26/02/09 , Blogger torredebabel dixo...

vese ben que é un neno espelido e sobre todo que medra nunha familia de amor e agarimo. Iso alimenta non so o corpo senon sobre todo a mente e a alma.

 
Ás 23:54, 26/02/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

O Leo tem cara de menino inteligente.
Um abraço

 
Ás 10:09, 27/02/09 , Blogger Mer dixo...

é moi sorprendente ver como avanzan os nenos na aprendizaxe, aprenden todo tan axiña!

aínda estades a tempo este finde de piñata de disfrazarvos da familia pitufa

a mín de cativa tamén me encantaban

unha aperta papa-pitufo e outra ao pitufiño

 
Ás 15:46, 27/02/09 , Blogger Unknown dixo...

Viva!! Ao mellor doulle aulas eu, que o curso que vén remato Maxisterio!! Sería marabilloso ter un alumno tan espelido

Apertas!! (este ano onde toca a xuntanza de blogueiros??)

 
Ás 16:24, 27/02/09 , Blogger rui dixo...

É unha idade marabillosa a do Leo, para el e para os pais.
O Gargamel non é que escribira mal, foi o fulano que o traduciu, que como puña bave de crapaud, colleu no dicionario crapaud e saíulle ben, logo o de bave virouno directamente a bava.
Saudiños

 
Ás 21:42, 27/02/09 , Blogger Merce dixo...

Vaia! e un neno esperto, deixao agora son como esponxas e absorven todiño. E ademais se o axudades no aprendizaxe pareceralle un xogo divertido. Os pitufos son unha boa idea :)

 
Ás 22:11, 27/02/09 , Blogger An dixo...

os cativos cada dia nacen máis espelidos :) SAúdos e noraboa :)

 
Ás 21:37, 02/03/09 , Blogger Mar e Lúa dixo...

A partir dos dous anos e pico os nenos descobren que as palabras se refiren a cousas da realidade e empeza a etapa que se chama insight designativo: queren aprender o nome de tódolos obxectos, persoas e cousas que os arrodean, e non paran de preguntar por todo e repetirche o nome de cada cousa :)
Debe ser moi bonito ver como cada dia amplia o seu vocabulario e aprende pasiño a pasiño. O que che digo sempre, disfrútao!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio