leoeosseus

martes, 24 de marzo de 2009

Descubrindo a " Rizo "


Unha das gratas sorpresas que teñen as librerías é topar libros descoñecidos. Un exemplo é o libro de fotografías Xosé Vázquez Arias " Rizo ", tres décadas de imaxes prodixiosas.

Fusilei algunhas fotos do libro e aquí as deixo para desfrute e coñecemento dese fotógrafo ourensán e do seu traballo.










Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 01:16, 25/03/09 , Blogger Barreira dixo...

As fotos de antano teñen un encanto especial.
Moi bonitas as fotos.
Saudos.

 
Ás 09:57, 25/03/09 , Blogger Mer dixo...

Realidade urbana doutra época

Como dixo non sei quen "unha imaxe vale máis que 1000 verbas"

Unha aperta

 
Ás 10:55, 25/03/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Digo o de sempre, que bonito é recordar tempos pasados, e si é con fotos aínda millor.

Valería a peña o libro.

Un saúdo

 
Ás 18:35, 25/03/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mólanme moito as fotos nas que hai persoas; e -como di Barreira- esas de antano sempre teñen a maxia de capturar aquel intre especial...

(A min non se me da nada ben fotografiar persoas. Case nunca logro esa sensación de viveza. Fáltame moito por aprender nese senso tamén)

 
Ás 23:19, 25/03/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei só para deixar um abraço, já que o tempo e disposição não me permitem mais.

Imagens maravilhosas

 
Ás 23:27, 25/03/09 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Fermosas fotos. Son xitanos? Ese libro debe de ser unha xoia

 
Ás 13:56, 26/03/09 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Fermosas fotos empapadas de encanto...

Unha aperta.
:)

 
Ás 14:51, 26/03/09 , Blogger amauta dixo...

Unha mágoa sería que o "prodixio" deixara de existir...

Fermosas imaxes!

 
Ás 16:50, 26/03/09 , Blogger fgul dixo...

Moi boas!! Fai un tempo atrás solicitaches un exemplar de balde do "Antítese nativa". Ante o gran número de peticións, vou proceder a facer un sorteo entre todos os interesados. É necesario que volvas a deixar o teu nome e mail no meu blog para que, deste xeito, podas entrar no sorteo de libros.

Calquera outra persoa interesada en participar non ten máis que, deixar tamén, os datos requeridos na entrada en cuestión.

Un saúdo.

 
Ás 22:29, 26/03/09 , Blogger LM dixo...

encantou-me essa que tem a cabra atada pelos cornos...
fermosas
beijos

 
Ás 09:50, 27/03/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Non sei por que todos coincidimos no gusto polas fotos antigas.

 
Ás 18:05, 27/03/09 , Blogger Merce dixo...

Encantame ver estas fotos, teñen algo especial.

Bicos

 
Ás 20:25, 27/03/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Estas fotos teñen maxia.!preciosas!
No meu blog podes ve outra. A.Cris

 
Ás 00:31, 03/04/09 , Blogger busto.agolada dixo...

Por suposto que me encantan estas fotos. Polos anos de memoria que gardan e porque os medios con que se fixeron, sempre rudimentarios, estaban sempre a expensas dun artista.
Creo recoñecer ao mendigo da dereita. Paréceme que é Antonio de Pambre. Era de Pambre (Palas de Rei. Lugo) Viña mendigando pola Agolada e por moitos concellos do arredor. Pasaba pola miña vila dúas ou tres veces ao ano.
Saúdos e apertas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio