leoeosseus

sábado, 2 de maio de 2009

O " Bolero "

Hai veces que un pensa en xente que coñeceu hai tempo e que hoxendía non sabe dela. A min pasoume o outro día mirando este muro onde cantou o " Bolero " hai anos nunha festa. O " Bolero " era un rapaz con dúas características: era algo fantasioso e cantaba todo o día e non sei por cal das dúas virtudes lle viría a alcumada. Cantáballe ás rapazas ao oído cancións románticas mentres camiñaban á vila. Tamén lembro un día que estreou unha moto e puña o intermitente en tódalas curvas. Nunha ocasión memorable cantou nunha festa de verdade cun grupo e todo no alto dese muro da foto que daquela era o punto final dunha estrada. Non o fixo mal pero uns veciños gamberros lle tiraron tomates e arruinaron a súa festa.
Supoño que aquel día decidiu que tiña que marchar deste lugar e desaparecer e ben que o fixo que non sei nada del !.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 22:03, 02/05/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois é raro que non saibas nada dun tipo que sinaliza, incluso as curvas, poñendo o intermitente...

Apertas dende a Chousa, coas luces de posición acesas

 
Ás 00:33, 03/05/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

xa ves, un intenta animar unha festa e os propios veciños tiranlle tomates.

Por certo, que farías ti na Picaraña nun día que non era romería...?

 
Ás 02:15, 03/05/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ás vezes acontece lembrarmo-nos de alguém que há muito não vemos e de quem nada sabemos.
Um abraço

 
Ás 02:27, 03/05/09 , Anonymous paidovento dixo...

A min o "Bolero" lémbrame un personaxe peculiar en Ourense. Chamabámoslle "Andrés o batería". Xuntaba botes e caldeiros de todos os tamaños e en calquera recuncho púñase a tocar e a cantar ao mesmo tempo. Hai moitos anos que non sei nada del.

 
Ás 21:21, 03/05/09 , Blogger amauta dixo...

parabéns, moitos precisabamos volver os teus posts!

 
Ás 09:03, 04/05/09 , Blogger Veloso dixo...

Eu, de pequeno, cantaba no balcón. Non me acordo moito, pero os meus pais aseguran que os traballadores dunha obra próxima aplaudían a miña versión infantil de "Bailemos un vals".

 
Ás 13:02, 05/05/09 , Anonymous Aroa dixo...

Ola Leo
Para min o bolero é unha canción que canto en Pandeireta...
Encantada de coñecerte.

 
Ás 16:02, 05/05/09 , Blogger Barreira dixo...

A quen lle andará a cantar. Pois propon a busca a ver si alguen o identifica por ahí. Como di chousa, si alguén ve a un moteiro sinalizando a chegada das curvas, velaí o Bolero.
Saudos.

 
Ás 10:49, 06/05/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Alédame que esteas de novo en activo como blogueiro :-) Botábamoste de menos.
¡Cantos personaxes singulares coma "o bolero" corren polos camiños !

Apertas para os tres.

 
Ás 00:58, 07/05/09 , Blogger rui dixo...

Home, éche normal o dos tomates, xa se sabe que ninguén é profeta na sua terra, quen sabe se agora o Bolero estará de cantante nalgún grupo americano de sona?
Apertas

 
Ás 17:53, 10/05/09 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

As veces somos realmente cueis cos demais, en fin, non me estraña que desaparecera,
Bicos.

 
Ás 20:03, 11/05/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Ola querida familia, como vai todo? Supoño que xa un pouco mellor. Queremos mandarvos un bico moi grande, temos ganas de vervos, pasar cando queirades esta é a vosa casa.

 
Ás 20:18, 11/05/09 , Blogger Pau dixo...

aledame volver a verte por estes lares. Un saudiño.

 
Ás 23:15, 11/05/09 , Anonymous aopedofarelo dixo...

As veces un recordo con mais cariño aquelo que puido e non foi...cousas raras, pero que significaron algo en un mometno determinado das nosas vidas....
Benvido outra vez
Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio