leoeosseus

luns, 6 de xullo de 2009

Viaxiña real-virtual


Dá gusto saír da monotonía e visitar lugares pouco coñecidos. Tamén desfruta un facendo castelos e piscinas na praia para o Leo e os curmáns ou mesmo pedaleando no aparello cor do arco do trono. É pracenteiro bañarse con auga inusualmente morniña. Tamén é un gustazo tomar un café ou unha cervexa mirando a praia e o mar.
Pero o máis sorprendente é topar unha blogueira e saber das súas orixes e desfrutar duns calamares boísimos e recibir un libro agasallo doutro blogueiro e coñecer persoalmente ao gran Pau que quería coñecer a Leo.
Esta fin de semana foi unha curiosa mistura de realidade e virtualidade fóra do normal. E gustoume !.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 00:04, 07/07/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Vaia, linda foto e curiosos encontros. A veces a realidade virtual sorpréndenos polo "real" que pode chegar a ser.
Saúdos!

 
Ás 00:16, 07/07/09 , Anonymous Moraima dixo...

Esa imaxe da foto... é real?? encántanme as praias de augas cristalinas. Apertas para leo e os seus ;)

 
Ás 07:46, 07/07/09 , Blogger HADEX dixo...

Mola, mola iso de confundir ambas realidades!!!

 
Ás 20:12, 07/07/09 , Blogger paideleo dixo...

A praia e a foto son reais e sen truco ningún. Non é o Caribe porque está bastante cerca de Fisterra.

 
Ás 01:56, 08/07/09 , Blogger mamiago dixo...

unha marabilla, e algúns gastan os cartos viaxando a lugares do sur cando temos cousas fermosísimas preto de nós.

 
Ás 17:42, 08/07/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Tes razón, da gusto saír da monotonía. Polo que vexo, a xornada deu para moito. E coincido cos demáis, o lugar da foto é moi fermoso.

Unha aperta.

 
Ás 21:18, 08/07/09 , Anonymous aopedofarelo dixo...

As veces un non sabe si o real o virtual, ou irreal, ou mesmo un soño do que non se quere espertar...
De calquera xeito dasme envexa, polo sitio pero ainda mais pola compaña....
Unha aperta

 
Ás 10:33, 10/07/09 , Blogger insomniorizar dixo...

As veces, moi poucas, dámonos conta de que o que realmente nos consideramos como real, é unha caprichos interpretación que a nosa cabeciña fai. O real real, e camiñar pola praia de Sardiñeiro ( Onde é a foto) tendo unha perpectiva moi cortiña do que pasa ao teu arredor, e de súpeto atopar a paideleo, a leo, a naideleo e os seus amigos, que che poñen un bos anteollos e un chisco de area nos pes!

Buf, facia tempo que non deixaba pegada nestas praias, máis agora ca compaña de leira, pasearei moito mais!

Un bico e graciñas!

 
Ás 21:14, 12/07/09 , Blogger Pau dixo...

Acabo de chegar duns días de lecer, asique so decirche que foi un placer coñecervos.
Saudos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio