leoeosseus

mércores, 9 de setembro de 2009

Ola setembro

E comezou setembro e, sen decatarme, botei días sen escribir nin tocar a interrede. Traballo, paseos, adaptación a esta Vilaguindastre setembreira, o malestar do Leo ( aínda ten subas de febre anque non perde o humor ), leituras, músicas, colecións de setembro e demáis fóronme apartando da interrede.
Pero hoxe rompín un espello e lin unha referencia ao meu blogo e a petición dun blogueiro para que visiten o seu blogo e puxen mans á obra e volvo a este mundo.
E se queredes axotar porcos bravos dos vosos milleirais usade o sistema de Brabido.


Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 09:04, 10/09/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois benvido ó chollo de novo, sempre se bota en falta.

As xoias literarias esas das coleccións de setembro tráenme moitos recordos. Ata me lembro da portada esa de Miguel Strogoff.

O sistema de Brabido, éche máis que curioso, pero eu que o coñezo, penso que podía afastalos el só (digo polo pedazo de corpo que ten...)

Que se millore Leo e a disfrutar do vrán que nos queda (que agora apreta).

 
Ás 12:51, 10/09/09 , Blogger Unknown dixo...

Olaaaaaaaaa
Xa se botavate de menos,benvido de novo o mundillo da red.

Tamén vi os trucos de Brabido, pra afastar os porcos bravos dos milleirais.Curioso,non?

Bicos e que Leo se poña bon pronto,pronto.

 
Ás 18:28, 10/09/09 , Blogger An dixo...

Saúdos, agardo que leo se poña logo mellor. Saúdos e apertas

 
Ás 21:38, 10/09/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Moitas gracias pola publicidade.As vacacions ben boas que son é que logo pasan ,volver o chollo sempre custa pero que lle vamos a facer.

Dis que Leo ten subas de febre,deve por esta calor que algo anormal e sofocante ,espero que se recupere pronto.

PRAADIANTE

 
Ás 22:51, 10/09/09 , Blogger La queue bleue dixo...

Ai, tb é 1 problema quando se che cruzam na estrada ou os atropelas, passou-lhe a 1 amiga minha o outro dia subindo de Melóm... e os coches nom se podem encher de jurelos! XD

 
Ás 02:29, 11/09/09 , Blogger TXARI dixo...

sempre é bo saber da túa frescura!

 
Ás 09:19, 11/09/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Benvido Setembro. Espero que Leo se recupere.

Saúdos!

 
Ás 19:34, 11/09/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Benvido,non te preocupes por nós, xa pasaras cando poidas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio