leoeosseus

xoves, 17 de setembro de 2009

Visita familiar



Pois o Leo segue cos seus choros no cole e non entende como agora vai a outro cole onde non está Susana, a nena que lle trababa na cara, ou Rebeca, a profesora. Nós dicímoslle que agora é maior e ten que cambiar de cole e el di que non vai chorar pero non nos convence. A ver mañá.

Onde si o pasa ben é en Arbo e máis coa visita de familiares dos EEUU. Gracias a eles coñecín os Dragos, que son os montes da foto. Tamén souben da frase " son of a gun " que é unha forma fina de dicir " fillo de pu... " e lembrei a palabra " foos ball " xogando ao futbolín. Decateime de que estou perdendo o meu pouco inglés e de que o tío Pepe segue estando no grupo dos bós e xenerosos. Sorprendinme gratamente de ver o fillo e a súa noiva mollando rosquillas en viño tinto coma se fosen de aquí.

A súa ida e unhas pingas do ceo avísannos de que está rematando o verán.

Etiquetas: , ,

7 comentarios:

Ás 10:31, 17/09/09 , Anonymous Anónimo dixo...

O verán, Paideleo, acabou xa: por iso chora o Leíño que ten que ir á escola. Déanlle tempo e irá encantado.

 
Ás 10:52, 17/09/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O verán quédanlle días contados e vaise notando nas noites e nas mañáns que xa están fresquiñas, pero é o que toca.

A ves se Leo se adapta e para rápido de chorar, eu tiven moita sorte.

Saúdos

 
Ás 17:39, 17/09/09 , Blogger Anxo dixo...

Saúdos paideleo, únome ó seu blog, aínda que xa sabía de vostede polo blog de suso lista.

Un saúdo.

 
Ás 18:23, 17/09/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui o Verão continua. Sol diário calor.
Nestas idades as crianças costumam adaptar-se rapidamente a novos ambientes.
Um abraço

 
Ás 21:07, 17/09/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Arbo terra da lamprea e da aguardente moi bos paixases en direccion Crecente.

PRAADIANTE

 
Ás 08:33, 18/09/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Onde están os Dragos?
Hai que ir alá que parecen ben fermosos...
E o outono éo tamén: refrescan as noites (e dúrmese mellor), vén a vendima e logo a fermosura da caída da folla, as festas do Cristo, bo tempo para paseos polo monte, o magosto...
Pódese aproveitar ben.

 
Ás 14:58, 19/09/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non sei polos EEUU, pero aquí tamén refrescou de moito carallo. Esta noite, sen ir máis lonxe, tiven que erguerme de noite e botar unha manta enriba, que notaba eu friaxe no meu corpo serrano.
Hai que adaptarse á nova estación que chama á porta.
De igual xeito, o Leiño terá que ir adaptándose ó seu novo cole e compañías novas. Pouco a pouco.

Apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio