leoeosseus

domingo, 20 de decembro de 2009

Ágape


Este ano, como hai crise, a cesta de Nadal da empresa vén máis lixeira e, en troques do xantar cheo de zamburiñas feitas de tódolos xeitos coñecidos; houbo un ágape nas instalacións da Torredocaminho. A comida non foi copiosa pero o xamón estaba delicioso e o queixo curado tamén. Probei o viño Triskel dunha adega famosa en Arbo e o viño escumante de moscatel feito en Valencia de marca Reymos.
Só espero que para o ano non haxa crise e se poida repetir todo e con máis abundancia.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 20:53, 20/12/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Pois nada, que aproveite a pesar de todo :-)) e que se cumpran os teus desexos, que sería bo para todos.

Que pasedes un bo Nadal.

Apertas

 
Ás 21:13, 20/12/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Imos acabar todos cebados coma o porco de San Antón, con tantas cuchipandas (con crise e todo).

Apertas dende a Chousa

 
Ás 21:22, 20/12/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Iso esperamos todos, que os brotes verdes aparezan por onde queira que sexa. Canto ao ágape, se o pasou ben e o xamón estaba bon déase por contento; eu este ano espero safar de novo da cea do traballo.

 
Ás 21:25, 20/12/09 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois con crise ou sen ela as comilones seguen, así que a desfrutalas-
Bicos

 
Ás 23:33, 20/12/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

As ceas siguen. Eu este venres tiven a da empresa, que por segundo ano fixose na casa do xefe (Iso si que debe ser crise...), pero ó ir a tomar uns cacharros alucinei coa de xente que había. Cantidade de pandillas, que coma nós viñan celebrando a festa.

O importante é pasalo ben, e que mellore a situación.

 
Ás 01:17, 21/12/09 , Blogger Paz Zeltia dixo...

parece que quedaches con fame!
:-)
pero se había xamón e queixo bos, e viño aínda mellor aínda...
compaña e conversación, non se pode pedir máis!

 
Ás 13:53, 21/12/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

Uff! o noso tamén foi un agapé deses logo, feito no centro de traballo e preparado por un dos cociñeiros do mesmo centro, e nada de xamonciño e eses luxos..a crise que nos apreta , parece ser.Aínda así non hai queixa, pasámolo pipa!
Bicos!

 
Ás 17:16, 21/12/09 , Blogger Moraima dixo...

É mellor pouco a nada ;) este ano o aguinaldo por aquí tampouco foi gran cousa mais en algo axuda!

Felices festas!

 
Ás 17:53, 21/12/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Sorte tes,eu levo tres anos sin cesta,tamen traballei nunha empresa que nunca deu nin da,xa que sempre decian,os xefes,que non estaban obligados e con a paga extra xa era suficiente,que a difrutes coa tua familia.

 
Ás 08:52, 22/12/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

O importante neste caso é o feito, porque xa sabes que en moitas empresas non dan nada. Así que a gozar dela...
Pola miña parte, téñovos gardado un almanaque e dous marcapáxinas. A ver se quedamos para a semana (xa sabes que Noite Boa e Nadal imos onda as familias). Apertas e Bo Nadal.

 
Ás 09:36, 22/12/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Felices festas! desexámosche todo o mellor para ti e a túa familia neste ano 2010

 
Ás 14:16, 22/12/09 , Blogger fonsilleda dixo...

Sinto non ter chegado antes.
De todos os xeitos, deixo meus mellores desexos para as festas e o Aninovo.
Bicos.

 
Ás 22:13, 22/12/09 , Blogger Angel Utrera dixo...

Bo Nadal......
Por certo, atopei noutro libro de vellas fotos, unha, non varias que seguro vanche gustar, sobre xogos de rapaces- "O Pinche carneiro " o chamaba eu .¿Sabes como é?.
MEllor mandoche as fotos, cando poida, Non che apures que non me esquezo.
Unha aperta

 
Ás 15:20, 23/12/09 , Blogger Suso Lista dixo...

Que pasaes unhas boas festas aínda que sea sen zamburiñas. Apertas

 
Ás 16:20, 23/12/09 , Anonymous Zeltia dixo...

eso, o que di suso
:-)

 
Ás 13:40, 24/12/09 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Unha aperta de Nadal para vos!!!.
:)

 
Ás 17:18, 24/12/09 , Blogger MRA_Gallaecia dixo...

Vaia! Mira a quem temos aqui, ao "demócrata" que lhe molestam os locais nacional-socialistas.

Eu sei doutro par de locais no Porrinho que som "comunistas" e "capitalistas", queres denunciâ-los aqui também?

Sangue e Terra!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio