leoeosseus

mércores, 13 de xaneiro de 2010

Cantinela das primeiras letras


O Leo está a aprender a ler as primeiras letras e sabe ordear as do seu nome. Agora teremos que xogar con cada vez máis letras e que vaia millorando. Se non soubese ler cantaríanlle por todas partes " AEIOU borriquito como tú que no sabes ni la U " pero por Arbo din doutro xeito que eu descoñecía e que habería que recuperar para o galego: " AEIOU se non sabes vouche ao cu ".

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 12:48, 13/01/10 , Blogger fgul dixo...

ei paideleo:

Gárdame ese libro oh!!!

Estes días ando tan liado que nin sequera tiven tempo de enviarche o enderezo.

A ver se hoxe pola tarde.

Apertiñas

 
Ás 14:12, 13/01/10 , Blogger Dilaida dixo...

É bo que tamén aprenda en galego.
Bicos para Leo por ser tan aplicado.

 
Ás 15:59, 13/01/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Jeje, como escoite isto meu socio Beni, non sae de Arbo...

Agora é cando empezan coas letras e a colorear. Espero que teña máis paciencia ca miña, que o pintar ponse nerviosa e acaba embadurnando todo.
Apeertas

 
Ás 16:09, 13/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Que rápido aprende o Leo! Eu tampouco sabía o do "AEIOU".
Apertas.

 
Ás 16:36, 13/01/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Tédeslle que mercar letras soltas! de imán, de madeira,... hanlle servir para moooito tempo :)
De de aquí a que comece a escribir o seu nome va pasar nada, xa verás :D

biquiñosss

 
Ás 17:35, 13/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

A miña, que empezou coas letras moi cedo, sabe xa ler perfectamente (con certeza mellor que algúns alumnos meus de secundaria); agora estoume acostumando a que me revise os libros que leo e me faga recomendacións dos que lle gustaron a ela.Etapas

 
Ás 20:28, 13/01/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Aghora vai ser neghra! Se xa lle gustaban os contos en canto lea verás...
O recitado coñecíao na versión: "AEIOU, catro azoutes no teu cú"

 
Ás 10:24, 14/01/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu o recitado non o coñecía.

como vai medrando o leo; agora que xa fixo a descuberta de todos os miragres exteriores e cotiáns,
comenza a descuberta de sí mesmo tamén,
a sorprenderse coa sua entidade de leo.
todo moi bonito para vivir,
paideleo

 
Ás 00:00, 15/01/10 , Blogger An dixo...

Saúdos meu
xa me gustou isa canción a ver si a lembro nuns anos.

 
Ás 17:49, 15/01/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Si si, mercádelle letras como di Meninheira; así non escribirá polas paredes...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio