leoeosseus

luns, 4 de xaneiro de 2010

Inocencia


O Leo ten unha curmá que ten unha teoría acerca dos Reis Magos. Ela di que os Reis Magos son os pais. Cando lle preguntan os seus pais cando conseguen os agasallos ela responde que a víspera de Reis pola noite a cidade toda ponse en movemento como por maxia: abren todos os comercios e saen todos os pais a mercar os regalos mentres os nenos dormen.
Bendita inocencia !.
Na foto ( collida pola interrede adiante ) os Reis Magos tratan de cortar a corda pola que sube Papa Noel ao balcón.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 12:59, 05/01/10 , Blogger fonsilleda dixo...

¡Bendita inocencia!
Hoxe hai coincidencias no blogomillo, nesta e outras terras, con o comentario.
A curmá de Leo ten "seu aquel"
Bicos

 
Ás 16:33, 05/01/10 , Blogger BRABIDO dixo...

Seria bonito non perdela,estes reis non son de fiar.

 
Ás 18:59, 05/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Que o solten, que o solten, que o solten!!!!
Que os RRMM sexan pródigos esta noite

 
Ás 00:04, 06/01/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A competencia é jodida tamén para os Reis Magos. Mira que son malvados...

(Que se porten ben por Vilaguindastre esta noite)

 
Ás 01:46, 06/01/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois tampouco anda tan descamiñada a cativa, porque hoxe xa era ben noite e estaban as tendas todas cheas de xente comprando agasallos!!!

e esas aviesas intencións dos reis non me extrañarían nada, os reis nunca foron de fiar!

 
Ás 02:04, 06/01/10 , Blogger An dixo...

Hoxe levei a cativa a súa primeira cabalgata, coido que non se ddecatou de nada, pasou case todo o tempo emburullada durmindo...peero por primeira vez en moitos anos, fixome ilusión ir, do mismo xeito que me fixo ilusión que a primeira landra das moitas que prantei, botara o seu primeiro brote o mesmo día qu naceu, fai xa dous meses...como pasa o tempo...quero dicir con isto que, a vegadas, temos nós máis ilusión ca eles. apertas e ledo ano

 
Ás 00:47, 07/01/10 , Anonymous paidovento dixo...

Estarán cortando a corda ou estarán aforcándoo?

 
Ás 08:41, 07/01/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

É unha imaxe ben pavera... Oxalá tivera máis presenza o Apalpador ca esoutro home que gabea pola corda, pero así é a globalización.
Apertas.

 
Ás 12:58, 08/01/10 , Anonymous F. Míguez dixo...

¡A foto é espectacular, que ocorrencia!
Eu teño aquí un veciniño que sostén que Papá Noel non ven por aquí porque non neva :D
Inoncencia para sempre!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio