leoeosseus

venres, 29 de xaneiro de 2010

Xubilación


Hoxe no tempo do taco do choio falamos da idea do goberno de retrasar a xubilación ata os sesenta e sete anos de idade. Logo os compañeiros empezaron a botar a culpa a Zapatero, que se axudas para inmigrantes, que se créditos bancarios, que se burbulla inmobiliaria, etc, etc. O que quedamos todos de acordo é co dito do avóM referido a pedir préstamos fóra das posibilidades reais. O dito é: " Quen compra sen ter vende sen querer ".
Na foto dun libro de francés para principiantes tamén se explica política para principiantes.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 02:31, 30/01/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Falando de gobernos, non te vin esta tarde na praza do Concello. Este venres houbo máis xente que se manisfestou contra da moción de censura. A ver que di mañán a prensa.

 
Ás 09:51, 30/01/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

O debuxo do libro é un escándalo! válghame deus! se fose aquí xa o tiñan censurado hahahaha

E do outro, pois sí, a culpa non é do chachachá, se non dunha ausencia de política social, económica, etc. Non temos políticos, temos demagogos mangantes. E o pior é o que nos ven enriba, porque a alternancia neste pais é penosa, en fins :S

 
Ás 09:56, 30/01/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a imaxe non ten desperdicio, ata está o indeciso
¿e viches que topicazos na roupa e os "complementos" (maletíns, pancartas) dos representados coma dereitas e esquerdas?
non digo que ese tópico non estea extendido, e ata con razón, jajaja
porque
hai persoas que comprendes perfectamente que sexan de dereitas,
pero outros,
outros...
cando os ves defendendo ideas que só lle van servir para que lle dean polo cú,
entranme gana de darlle duas hostias,
por tonto!
iso sí, dentrodelrespetoylatolerancia

 
Ás 10:06, 30/01/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahaha zeltia, a última frase... hahahaha

 
Ás 10:41, 30/01/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Parece que en todas casas se coceron fabas, e en todos os traballos se falou do mesmo e coas mesmas conclusións

 
Ás 12:19, 30/01/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Gustoume moito a imaxe.
Totalmente de acordo con "quen compra sen ter, vende sen querer".
Bicos

 
Ás 15:17, 30/01/10 , Blogger HADEX dixo...

Ai, que grande verdade!!! Oes, a ilustración é caralluda!!!

 
Ás 18:49, 31/01/10 , Blogger BRABIDO dixo...

64 anos uns meses pa xubilacion,e toca traballar dous anos mais,manda carallo.

 
Ás 20:48, 31/01/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Gobernar é descontentar.(Alguén o dixo antes ca min). Esperemos que non sigan retrasándoa, senón os funcionatas da Seguridade Social acabarán por ter que levar a resolución de xubilación aos cementerios!
Concordo cos que me preceden no comentario en que a imaxe é caralluda.

Saúdos

 
Ás 23:08, 31/01/10 , Blogger paideleo dixo...

Eva G. Rei: o Leo non estaba pola labor que non quixo saír e a nai estaba nun curso.

meninheira: verdade que si !. Cando mirei a imaxe non dubidei en fusilala.
A culpa de todo o que pasa sabemos que é dunha suma de factores onde os perxudicados son sempre os mesmos.

zeltia: a imaxe esta vale máis ca mil palabras. Nunca entenderei a un obreiro votando pola dereita pero parece que son maioría.
Ante todo tolerancia.

kaplan: pasei polo teu blogo e semella que si,que houbo uniformidade de tema a falar.

fonsilleda: parece que hai coincidencia polo gusto da ilustración. O refrán non ten desperdicio e reflexa o triste caso de milleiros de persoas que están vivindo hoxe esa amarga realidade.

HADEX: as verdades están aí para quen queira velas.Metéronnos polos ollos que podiamos ter de todo ( porqueyolovalgo) e gustounos a idea e picamos coma benditos.

BRABIDO: imos ter que apandar con isto e menos mal se non nos retrasan máis a xubilación aos que estamos e estaremos.

Chousa da Alcandra: non se pode estar a ben con todos,é certo.O pior é que este traballo sucio tiña que facelo outros que agora mesmo están fregando as mans por avanzar máis cara ao poder. Dos xubilados no cemiterio tirou unha tira cómica o marabilloso Luis Dávila

 
Ás 00:15, 02/02/10 , Blogger xenevra dixo...

Pois nos tempos que corren (porque quen non corre acaba voando) estaría máis acertada a imaxe nun idioma máis inglis; pero ben, tampouco se pode querer todo, ou?? Eu confórmome con que isto só fose unha manobra para despistarnos e termos de uqe falar no café. Estou certa de que é iso; si. Si claro, é para iso...

 
Ás 10:07, 03/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que boa a imaxe, se cadra falta o personaxe do transfuga ou vendido, os matrimonios de conveniencias, os untados...
Isto recordoume a situación que tedes en Vilaguindastre, habería que facer moitas caricaturas.

 
Ás 21:34, 07/02/10 , Blogger paideleo dixo...

xenevra: supoño que en inglés dirían o mesmo e case non precisas pór palabras.
O da proposta do goberno está dando para demasiados cafés que non se deixa de falar diso.

Carlos Sousa: en Vilaguindastre podería gastarse máis dun bote de pintura retratando as diversas personaxes e para definilas faría falla unha enciclopedia e non un libro para principiantes.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio