leoeosseus

domingo, 21 de marzo de 2010

Primavera


Anque o día do pai estivo enturbiado pola mala saúde do Leo e o avóP desfrutei do diploma-calendario que me regalou Leo onde ata me fixo un retrato e sae o mundo: " É o planeta Terra, onde vivimos nós e os veciños. "



A primavera fixo abrochar a camelia agasallo dunha amiga.


O Leo recibe axuda nas súas primeiras rodadas en bici.


E a pelota multicolor descansa na horta convertida en eficaz e sorprendente espantallo.

Etiquetas: , ,

18 comentarios:

Ás 22:13, 21/03/10 , Blogger Antón de Muros dixo...

Disfrutade da primavera e que o Leo estea ben de saúde.

Fermoso o agasallo polo día do pai :-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 22:20, 21/03/10 , Anonymous rabudo dixo...

Unha aperta forte, Pedro. Nós estamos agardando ao segundo para setembro e pensar en que lle poidera pasar calquera cousa, o mesmo que a Ane, é o máis duro que un pode imaxinar. Por eles paga todo a pena.Un saúdo.

 
Ás 00:17, 22/03/10 , Blogger Merce dixo...

Istes agasallos son os que mais enchen a un, alomenos foi o que me pasou a min, e teño caseque todos gardadiños :)

Espero que o Leo se repoña axiña, os pequenos son fortes e teñen moita enerxia :)

Biquiños

 
Ás 01:31, 22/03/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Lindo agasallo o do Leo e a Camelia, fermosísima
Unha aperta.

 
Ás 06:30, 22/03/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

As camelias abrochan. O regalo de Leo... un fermoso detalle para non esquecer que os días pasan e que vivimos no mundo. Eu xa non lembro onde están os moitos que foron confeccionando os meus fillos, pero temos un par deles colgados na parede do salón e é unha delicia miralos, pois detrás deles está a ilusión que puxeron ao facelos.
Un bico para Leo e que mellore pronto.
Para o papá felicidades, aínda que sexa fóra de tempo.

 
Ás 09:25, 22/03/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Mira que xeito lle da xa ás letras :D

Un biquiño :)

 
Ás 11:31, 22/03/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Fermoso agasallo o de Leo, e por riba púxoche un riso moi xeneroso no retrato. Que mellore a súa saúde.
Bicos.

 
Ás 14:00, 22/03/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Que gañas de primavera de de sol! A ver se ven boa!
Bicos

 
Ás 19:19, 22/03/10 , Blogger Maribel-bel dixo...

Eu creo que o do mellor pai do mundo ata che gustou eh . Un bico

 
Ás 20:00, 22/03/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Imos ter un conflicto, compañeiro. Eu teño un agasallo que contén a mesma frase asinada pola miña nena.

:-)

 
Ás 22:09, 22/03/10 , Blogger xenevra dixo...

El sabe que co seu pai non hai mundo que se lle resista. Sería quen de ir na súa bici, ben abeirado, ata o infinito ou máis aló.
Un biquecho para o Leo, para que se lle pase o arrechucho.

 
Ás 11:57, 23/03/10 , Blogger Raposo dixo...

É a vida que non se detén. Pois a desfrutala.

 
Ás 12:42, 23/03/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡vaia chulada de regalo! seguro que che caeu a baba.

bicos,

 
Ás 09:29, 24/03/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Tamén eu teño un diploma dese día, pero sen calendario e con diferente formato.

 
Ás 18:41, 24/03/10 , Blogger Angel Utrera dixo...

Tes moita sorte....aproveita agora, porque xa o dician os latinos...Tempus fugit. E Leo medra...Despois os pais, pasamos a molestar.¡¡¡

 
Ás 10:03, 25/03/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Logo dun tempo sen dar un repaso polos meus blogs amigos (non dou feito) atópome cunha chea de novidades e estou pasando moi bos intres vendo e lendo todas as vosas entradas.
Sorprendeume o do xogador asasino, non me estraña nada que non che quedasen ganas de volver.
Alégrome de ver florecer a camelia, a que temos na casa esta chea de flores adoita ter moi abundante floración xa o comprobaredes co paso do tempo
Saudos A.Cris

 
Ás 10:05, 25/03/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

O agasallo do Leo recordame os pictogramas de Iago
A.Cris

 
Ás 16:13, 25/03/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Chego un pouco tarde, espero que Leo xa esté recuperado. Que bonitos son os agasallos que nos fan de pequenos. Así que medran xa che cambia o conto. O meu nin se acordou de felicitarme, xa está máis pendiente doutros temas, jeje. A que me espera.

A disfrutar del.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio