leoeosseus

xoves, 1 de abril de 2010

Nativos e oriundos


Seguimos coa mudanza anque non cambiemos de parroquia pero sí de barrio.
Hai muitos anos percorrín a parroquia casa por casa facendo o padrón municipal e todos acababan preguntando de onde era eu. Cando lles dicía que non era das casas ( como a da foto ) e si dos pisos dicían que eu era oriundo e eles nativos. E levo xa preto de trinta anos vivindo nesta parroquia e non deixarei de ser oriundo e eles nativos porque sigo vivindo nun piso e eles nunha casa. Pero o máis simpático é que non saben que nativo e oriundo significa o mesmo !.
Ata outro momento de vagar.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 14:37, 02/04/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Vai ti saber se os "das casas" de Vilaguindastre lle ven máis énfase á palabra "nativo".
Mesmamente, se a paladeamos un chisco...case parece que teñen razón. E que "oriúndo" ten menos forza semántica. En Vilaguindastre i en Antas!.

Xa imaxino que andades moi atarefados. Xa virán máis intres de vagar despois. Apertas

 
Ás 17:47, 02/04/10 , Anonymous paidovento dixo...

Ti "oriundo" e eu "inmigrante". Xa estamos de volta, así que se queredes que vos botemos unha man coa mudanza, xa sabedes, chamade cando xa estea feita.

 
Ás 18:24, 02/04/10 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

E eu que son, "oriunda", "nativa" ou "inmmigrante"... Creo que podo ser de todo a estas alturas... E como din que a vaca é de onde pace e non de onde nace, xa o teño claro: son porriñesa, que é o sitio onde levo pacendo máis. Pero tamén son "nativa" (referíndose a Portugal)para un colega de Ourense, e pertenzo á "tribu" de Rande (en Perdecanai), segundo o nome que lle dá á miña familia materna un tío político meu.
Podemos quedar mañá, e vós?

 
Ás 10:45, 03/04/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Como quen di pata negra e achegados. Ánimo coa mudanza

 
Ás 18:12, 03/04/10 , Blogger vintxuca dixo...

Ánimo ca mudanza, eu que acabo de pasar por unha o mes pasado, direi que aínda tenho caixas sen desembalar. Bicos de outra oriúnda que trocou de pisinho pero nin de cidade nin de barrio!!!!!
Curioso...a palabra de verificación que me sae é "minto"... pero xuro que é todo verdade da boa!!! jajaja!

 
Ás 00:48, 04/04/10 , Blogger An dixo...

Aqui na miña terra chamariante venideiro, ou venidero...depende de con quen falases. SAúdos e apertas meu, e que a mudanza remate logo e ben. Saúdos

 
Ás 11:28, 04/04/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Deixo un bico de nativa.

 
Ás 21:13, 09/04/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

oes, pois eu tampouco o sabía!
(non llo digas a ninguén)
chissssst

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio